Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

en residencias xuvenís

    convocatoria. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria de quince prazas de bolseiros que oferta a Xunta nas residencias xuvenís dependentes de Plítica Social. As mozas e mozos interesados teñen dende onte un mes de prazo para presentar as súas solicitudes. Catro das bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, serán para o Centro Residencial Xuvenil LUG (Lugo), cinco para a Florentino López Cuevillas, en Ourense e outras seis para Altamar, en Vigo. Os requisitos para optar ás prazas son, entre outros: ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 o 31 de decembro de 2020; que a renda familiar non supere o 150% do IPREM; non ter pedido con anterioridade a condición de persoa bolseira; e estar cursando estudos universitarios, superiores de ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior. ECG

    01 ago 2020 / 19:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito