Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ponteareas aproba o seu Plan Xeral de Ordenación trinta anos despois

Concello e Xunta traballaron de xeito coordinado desde 2020 para sacar adiante a redacción do documento municipal tanto tempo bloqueado

Despois de trinta anos esperando, a cidadanía da localidade pontevedresa de Ponteareas dispón dun Plan Xeral de Ordeación Municipal (PXOM) que conta coas bendicións da Corporación Municipal e que, previsiblemente, será tamén validado pola Xunta de Galicia. O documento obtivo por fin a luz verde no pleno celebrado este martes logo dun dilatadísimo período de desencontros, avances e retrocesos protagonizados polos diferentes equipos de goberno e os departamentos autonómicos implicados. O propio concello informa no seu sito web que con esta será a terceira vez que o goberno de coalición (BNG-PSOE) aprobe de forma provisional o PXOM coa intención de que a Xunta lle dea o seu visto e prace definitivo. A última aprobación provisional realizouse a finais de 2019 cando no documento se introduciron os cambios esixidos en 2017 pola administración autonómica, que ao revisar a redacción volveu formular numerosas obxeccións e reparos que obrigaron a unha nova reformulación. Ante ese bloqueo reiterado, Concello e Xunta acordaron a comezos de 2020 realizar un traballo coordinado de cara a que o documento definitivo atendese todas as esixencias. “Queríamos seguridade xurídica para evitar o que aconteceu nas dúas ocasións anteriores, nas que os cambios introducidos por esixencia da Xunta non foron despois validados. Agora, traballando de xeito coordinado, cremos que non hai marxe para novas sorpresas e agardamos que o PXOM sexa aprobado definitivamente pola Xunta antes de que conclúa o verán”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

30 jun 2021 / 11:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.