Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pontón aposta por reforzar o dereito de autodeterminación dos pobos

Propón aumentar alianzas entre as forzas nacionalistas e soberanistas a favor dos dereitos sociais e das liberdades // Oriol Junqueras ve ao BNG na Xunta “en tiempos cercanos”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebra esta fin de semana o Día da Patria cunha axenda completa e moi especial para a líder do partido, Ana Pontón, que encara o segundo 25 de xullo como cabeza da segunda forza política máis votada en Galica tras as eleccións de 2020.

Este sábado tivo especial protagonismo un acto, organizado polo BNG, coas delegacións de forzas políticas nacionalistas e soberanistas, de dentro e fora do Estado. Máis dunha trintena de partidos, convidadas á celebración do Día da Patria.

A líder do Bloque destacou ante todo o papel das forzas nacionalistas e soberanistas en defensa da democracia e dos dereitos sociais, ante a deriva involucionista e a dereitización do Estado español.

“A defensa das liberdades, do dereito de autodeterminación, do pacifismo, da igualdade das mulleres dende o feminismo, a loita contra a emerxencia climática, a defensa dos servizos públicos, o coidado das persoas... Son loitas comúns co obxectivo de conseguir un mundo mellor, empezando pola realidade que temos máis próxima”, salientou Ana Pontón.

“madridcentrismo”. A maiores incidiu na batalla coa que loitan día a día as forzas nacionalistas e soberanitas a favor dos dereitos sociais e do pluralismo. “Representamos a loita contra o Darth Vader do centralismo madrileño que se pon do lado dos lobbys e en contra da xente do común”, proclamou, “por iso, aos que desde o madricentrismo queren facernos unha caricatura, –incluída a esquerda estatal–, dicirlles que as forzas nacionalistas e soberanistas estamos sendo o contrapeso real á deriva involucionista e á dereitización do Estado español”, reiterou.

Neste contexto político, Ana Pontón propuxo reforzar as alianzas entre as forzas nacionalistas e soberanistas, seguindo unha constante histórica de cooperación e acordos que vai dende Galeusca á Declaración de Llotja de Mar. “Ante esta involución acelerada, temos que reaccionar forxando unha alianza en defensa da democracia, da plurinacionalidade e do dereito á autodeterminación, crear alianzas amplas, dende o respecto ás diferentes realidades”, argumentou, tras deixar claro que ás lexítimas aspiracións dos pobos non se lle pode responder con represión.

Profundizando no tema, Pontón puxo como exemplo o “escándalo” da factura da luz, “un exemplo de manual de como se usa o BOE para estafar ao conxunto da sociedade, porque o gran capital non ten máis patria que a dos seus beneficios multimillonarios”, advertiu.

Por último, a líder nacionalista puxo en valor o resultado das eleccións pasadas que sitúan ao BNG como segunda forza política. “Imos traballar, con todo o empeño, para liderar tamén a transformación que precisa este País dende o goberno, para construír a Galiza de futuro que soñamos, porque, como proclamou Castelao: o verdadeiro heroísmo é facer realidade os soños e converter as ideas en feitos. E nese camiño está o BNG”, recalcou.

AGRADECEMENTO ÁS DELEGACIÓNS. Pontón agradeceu a presenza de todas as delegacións para celebrar o Día da Patria, o Día da Matria galega, entre as que participaron membros de EH Bildu, Sortu, Cup, Sinn Féin, Bloco de Esquerdas e outras forzas europeas. “É un orgullo contar con tantos e tan bos amigos e amigas de Galiza”, proclamou, destacando que pese ás diferencias, están conectados pola solidariedade na defensa das causas xustas. As delegacións estarán presentes na manifestación do BNG que sairá hoxe ás 12 horas da Alameda.

JUNQUERAS APOSTA POLO bng .O gran protagonista do acto foi Oriol Junqueras, o líder de Esquerra Republicana de Catalunya, que respondeu á chamada do Bloque para estar presente en Compostela. «En la cárcel les decía que tenía ganas de venir a Galicia, así que estoy contento de estar aquí», arrancou a súa intervención o político recentemente indultado. Na súa mensaxe dixo estar convencido de que “este es el camino que seguirá también una Galicia republicana, bajo una presidencia en tiempos cercanos, a no mucho tardar, que le corresponderá a Ana Pontón.

“organización xuvenil do cambio”

··· Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, celebrou este sábado a Homenaxe a Rosalía e Castelao no Panteón dos Galegos Ilustres reivindicando á mocidade como “motor de cambio” do País. Durante o acto interviron a voceira nacional do BNG, Ana Pontón; o deputado e Secretario Xeral de Galiza Nova, Paulo Ríos; e a recente militante da organización xuvenil, Sabela Méndez. Simbolizaron as dúas figuras homenaxeadas como exemplo para toda a mocidade que “día a día loitamos polos dereitos colectivos que como nación nos pertencen”.

25 jul 2021 / 02:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.