Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pontón comparte co alcalde de Recoleta o modelo de Pontevedra

Como parte da axenda de traballo en Chile, a líder do BNG tamén trasladou o apoio do partido á proposta de nova Constitución, que se votará o 4 de setembro

A portavoz do Bloque Nacion alista Galego completou a súa axenda internacional en Chile cun encontro co rexedor de Recoleta (Santiago de Chile) Daniel Jadue.

É con este alcalde da comuna de Recoleta con quen tivo a oportunidade de abordar algunhas das cuestóns que máis preocupan na gobernanza d e calquera urbe, coma son a mobilidade sustentable, a xestión da auga e dos residuos urbanos, o acceso á vivenda ou a prestación de servizos que faciliten a integración social dando lugar a cidades compactas.

Con Jadue, político e sociólogo referente no tocante ás politicas de esquerda no país, a líder do Bloque compartiu o modelo da vila de Pontevedra, recoñecido a nivel internacional. A capital de provincia marca exemplo de cidade ao servizo da veciñanzo, que, co proceso que iniciou hai dúas déadas foirecuperando o espazo público para a xente, con políticas de transformación social en positivo e capaces de mellorar a vida das persoas.

Axenda de traballo. A visita en Chile continou coa participación de Pontón e a responsable da Área de internacional da Executiva nacional, Ana Miranda, nun acto organizado pola Plataforma Chile Mejor sin TCL (Tratado de libre comercio), que defende unhas relacións comerciais internacionais xustas en oposición á capacidade das multinacionais de impoñer os seus intereses sobre os da economía real e a clase traballadora dos países latinoamericanos.

Do mesmo xeito, a líder do partido quixo aproveitar para amosar o apoio do BNG á proposta de nova constitución do país andino nunha xuntanza no Senado con Elisa Locón. Tátase dunha activista mapuche que presidiu a Convención Constitucional de Chile, órgano creado para redactar unha nova constitución desde a democracia e a igualdade.

Xunto con Ana Miranda, Pontón quixo trasladar o apoio total do BNG ao novo documento. “Desde realidades distintas, compartimos a defensa dos nosos pobos, a defensa da xente do común a ter unha vida digna, desde a súa identidade nacional, lingüística e cultural”, expresou a líder nacionalista no encontro.

O texto, que se votará o próximo 4 de setembro e sobre o que o BNG espera que gañe o “Apruebo”, recoñece a plurinacionalidade e o plurilingüísimo, e a defensa dos pobos e das súas linguas e culturas, “e o BNG desde Galiza tamén defendemos o recoñecemento da realidade plurinacional, plurilingüe e pluricultural do Estado español”, salientou a portavoz. De aprobarse, a futuro constitución consolida un Estado laico que defende valores como a ecoloxía, o feminismo.

Por outra banda, dende o Bloque inciden en que “son máis os puntos de encontro” porque comparten “as ansias de cambio” e de “abrir un novo tempo en Galiza”, tal e conmo, segundo explican, ven de facer Chile tras a chegada de Gabriel Boric á presidencia.

Entre outros puntos en común que se trataron nesta xuntanza destacan a importancia da defensa do territorio, de evitar o espolio dos recursos naturais, que deben servir para mellorar a vida das persoas, ou a importancia da mobilización social para avanzar en dereitos e liberdades.

Colombia. Tras esta rolda de reunións en Chile, a seguinte escala é Colombia, onde a líder do Bloque vai asistir ao acto de investidura do presidente Gustavo Petro e da vicepresidenta Francia Márquez previsto para o 7 de agosto. Tamén están previstas, na xornada previa, unha xuntanza coa coalición política Colombia Humana, liderada precisamente polo presidente electo Gistavo Petro, así como encontros con responsables políticos tanto de Colombia como doutros Estados americanos que tamén acoden á investidura.

Allariz pone en valor la figura del médico del rural en un acto de homenaje

Allariz. Ser médico rural, o responsable de la salud de pueblos enteros con poblaciones envejecidas, comporta una gran responsabilidad, y por eso Allariz ha querido reconocer este agosto la labor de estos sanitarios con un museo y ahora también con una película: “Ventanas en el cuerpo”. Partciparon en el acto el presidente del Parlamento gallego, Miguel Santalices; el conselleiro de Sanidad, Julio García Comesaña, el responsable de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, la alcaldesa por el BNG de Allariz, Cristina Cid, y Julio Ancochea, presidente de Asomega. El homenaje, organizado por la Asociación de Médicos Gallegos, honró este viernes a dos médicos, los doctores Rivera y Oro, considerados un referente.

“Los médicos rurales realizaban una labor fundamental atendiendo no sólo las enfermedades físicas de sus pacientes, sino también las emocionales”, proclamó Ancochea, que en su intervención destacó sobre todas las cosas la “cercanía y proximidad” que tienen los galenos para con los usuarios en esas poblaciones, las menos habitadas del país.

En un repaso por la historia del médico rural, los expertos presentes hicieron especial hincapié en los cambios sufridos en este oficio, uno de los más antiguos, desde las primeras etapas cuando tenían que ir “en caballo” para poder llegar a las aldeas a atender a los enfermos, con la única ayuda de su maletín y preparados medicinales; hasta la actualidad, donde ya existen, por lógica, más recursos. EFE

06 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito