Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pontón revalida o liderado nun BNG que se borra dos independentismos

A formación sae da súa XVII Asemblea co firme obxectivo de gobernar Galicia no 2024 // A portavoz nacional ve “nerviosismo no PP” e proclama que farán historia polo ben do pobo

A XVII Asemblea Nacional do BNG amosou que, a día de hoxe, o liderado de Ana Pontón á fronte da formación política non ten rival. Por terceira ocasión revalidou o cargo de voceira nacional, co aval acadado nas últimas eleccións autonómicas de 2020, onde bateu marcas tras acadar 311.340 votos, o 23,79 %, con 19 parlamentarios que a convertiron en xefa da oposición e ao Bloque en segunda forza do país. Se na cita celebrada en marzo de 2017 chegaba ao 98,2 % dos votos emitidos, agora acadou o 99 % .

O obxectivo é nesta etapa moito máis ambicioso. Superada a fase máis difícil da pandemia, e demostrado que xa son a alternativa real ao PP, no cónclave dominical que se celebrou na Coruña puxéronse os vimbios, de forma colectiva, da folla de ruta cara liderar o Goberno de Galicia en 2024 “e facer historia abrindo un tempo novo de futuro e de esperanza para os galegos e as galegas cunha presidencia nacionalista”, dixo Pontón.

Un reto que a de Sarria presentou ante o plenario convocado no Coliseo herculino xa dende primeira hora, cando botou a vista atrás para comparar a asemblea do 2016 – entón asumiu o liderado do Bloque en pleno ano electoral– até o cumio de hoxe. Tempo, lembrou, no que se pasou do “escepticismo” cara o BNG a obter o mellor resultado da súa historia, mérito que atribuíu ao esforzo colectivo da militancia. “Vós, a militancia, sodes a gran protagonista dese logro, porque as persoas son importantes, pero a forza do colectivo é a que realmente nos fai chegar lonxe”, dixo.

A asemblea aprobou tamén cunha práctica unanimidade, o 99,5 % dos votos, os documentos políticos. Fíxose tras incorporar varias emendas e rexeitar as de maior calado independentista. Previamente, os documentos abordáronse nas comarcas, das que chegaron 346 textos alternativos. Algúns incorporáronse tal como chegaron, outros foron acordados coa comisión redactora. En canto ao informe de xestión, contou tamén co masivo respaldo do 99,32 por cento dos votos.

Recolle Europa Press que un dos momentos de maior discusión interna tivo lugar cando se debatían as premisas para gobernar que recollen os documentos políticos do BNG, onde varias emendas propoñían incluir a cuestión da “autodeterminación” para “aproximar o obxectivo final da República Galega”.

A comisión redactora encargouse de defender os textos orixinais sen buscar omitir o debate, senón “situalo” no lugar correcto e “non autoimporse obxetivos de autodeterminación política que non poidan ser negociados nun eventual goberno autonómico en 2024”.

A por todas. Se pola mañá o discurso de Ana Pontón foi de agradecimento a todos os que conforman a formación, os artífices dun BNG “máis forte, unido e cohesionado que nunca” –que agora debe seguir fortalecendo e ensanchando a súa base social para construír “un proxecto ganador e de maiorías” que contra o pasotismo popular opón ilusión–, na súa intervención de clausura pasou ao ataque. Advertiu do “nerviosismo” do PP e lanzou o “novo ciclo” da formación nacionalista: “Imos a derrotar aos do non, somos o BNG do si”, manifestou.

“Están nerviosos –dixo, polos populares– porque nas pasadas eleccións se moveu o taboleiro, empezou o cambio galego da man do BNG e non van poder paralo”, exhortaba Pontón, quen asegurou que están en disposición de “abrir un novo ciclo político”.

Fixo ademáis un “recoñecimento explícito” ás predecesoras na formación, así como ás mulleres que participan agora activamente. “A política é un mundo masculino e non sempre o temos fácil, ao contrario, temos que superar máis barreras. Que hoxe o BNG teña mulleres en cargos relevantes é o traballo de todas as que nos precederon durante años doulles gracias de todo corazón”, dixo.

Comprometeuse a “seguir avanzando no empoderamento das mulleres”, dando pasos aos “valores que aporta” o feminismo, con “empatía, inclusión, diálogo, participación”. “Estamos aquí para convencer e non para vencer”, remarcou.

Pontón prometeu que “o BNG é leal a Galicia, porque actuamos desde o amor a este país, desde a confianza no que somos como pobo, desde o afán por construír unha sociedade cada vez máis xusta, máis igual, máis libre e con esa lealdade irredutible seguiremos centrados nas preocupacións da xente”. Por iso “temos a obriga de acertar”, asegurou, e gobernar para todos a partir do ano 2024.

A debate no plenario
Aposta polo soberanismo

··· O plenario da XVII Asemblea Nacional do BNG celebrada este domingo acolleu debates sobre os obxectivos políticos da organización con voces internas que demandaban un compromiso claro coa “construción da República Galega”. Pero non saíron adiante as emendas chegadas da comarca de Vigo, Costa da Morte ou Baixo Miño e reafirmouse no “soberanismo” como “casa común do nacionalismo”, en palabras de Rubén Cela, que foi o encargado de defender, neste punto, o documento base presentado pola dirección. “O BNG non é independentista”, proclamou, fronte as voces que pediron, como ratificou Europa Press, “conseguir unha república galega” e “descolgarse de España”.

··· Cela asegurou que non hai “camuflaxe” nos textos, pois “esto é unha fronte política e a casa común de todos os nacionalistas”, defendeu, antes de esgrimir a vocación “soberanista” da formación e os distintos camiñoos que se poden defender dentro da organización: cun estado, a través dun estado confederal, una confederación ibérica (como dicía Castelao) ou un modelo federal xenuino. Definirse como independentista “deixa fora” outras formas da defensa nacionalista, ao igual que si solo se apoia unha vía confederal. “Ese nunca foi o camiño do BNG”, remarcou, remontándose aos documentos fundacionais da formación. A soberanía non é votar un día en referendo, “senón un proceso de autoorganización do pobo”.

··· Ademáis, nos seus argumentos Rubén Cela tamén advertiu de que o mundo está “cheo” de países independentes “que non son soberanos”. Por iso remarcou a estratexia do BNG en conseguir “soberanía” na que os galegos gobernen o su destino, desde o poder executivo ata o xudicial e económico.

Os nomes que saen do cónclave
Excutiva e Consello Nacional continuistas

Ana Pontón contou co citado apoio do 99 % dos votos emitidos na XVII Asemblea do BNG, xunto ao resto da candidatura, unha lista que a continuación sitúa coma número dous ao diputado autonómico Luís Bará.

Séguenlles, por este orde, Xabier Campos, Rubén Cela, Carme da Silva, Olaia Ledo, Bieito Lobeira, Lucía López, Manuel Lourenzo, Breixo Lousada, Ana Miranda, Lois Pérez, Montse Prado, Noa Presas, Néstor Rego, Xosé Luís Rivas ‘Mini’, Olalla Rodil, Goretti Sanmartín y Eva Villaverde. Estos son os nomes elexidos para a executiva, unha lista de nove homes e dez mulleres e carácter continuísta, na que so hai catro cambios: Susana Camba, Duli Diniz, Xosé Manuel Marcote y Xosé Emilio Vicente, que dan paso a Lucía López, Breixo Lousada, Lois Pérez y Manuel Lourenzo.

Desta cita herculina tamén saen os 50 primeiros nomes do Consello Nacional, máximo órgano de decisión entre asembleas. Ao haber una única lista, intégranse directamente todos eles.

Ademáis dos 19 da executiva, estarán como membros electos Marta Gómez Martín, Avia Veira González, Diego Lourenzo Moura, Cristina Cid Fernández, Rubén Arroxo Fernández, Mercedes Tobío Rodríguez, Daniel Pérez López, Adolfo Muíños Sánchez, Daniela Ferrández Pérez, David Miranda Martínez, Ana Ermida Igrexas, Luís Seara Fernández, María González Albert, Francisco Jorquera Caselas, Élia Lago Pereira, Xabier Pérez Igrexas, Rosana Pérez Fernández, Xosé Manuel Carril Vázquez, Elvira Lombao Vila, Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, Rosana Prieto Florines, Francisco Chivite Mosquera, Samanta Barreira Vivian, Odilo Barreiro Martínez, Mercedes Queixas Zas, Uxío Benítez Fernández, Sabela Bará Louro, Daniel Castro García, Iván Rivas Rico, Cristina López Sánchez y Guillerme Vázquez Vázquez, que foi portavoz nacional da formación.

Entre os nomes destacan a incorporación do deputado Iago Tabarés, quen chegou a desvincularse do BNG pero que volveu a sumarse ao proxecto liderado por Ana Pontón como unha das novidades das eleccións pasadas. Militantes do ámbito municipal destacados como a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, xunto con representantes das principais cidades tamén se incorporan, asimesmo, ao máximo órgano de decisión.

07 nov 2021 / 21:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.