Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Por vez primeira o Imelga realizou máis periciais psiquiátricas que por lesións

No ano da pandemia invertiuse a tendencia de exercicios anteriores // Baixaron os falecidos nas estradas e os casos de natureza violenta

O instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) rexistrou un “cambio de tendencia”, xa que o número de periciais psiquiátricas -10.200, un 49,17%- situouse por diante do de periciais de lesións “por primeira vez” desde a creación do organismo ademáis de producirse 104 mortes en accidentes de tráfico, a cifra máis baiza dende 2013. Así o expuxo a directora en funcións do Imelga, Ana Belén Pérez,onte en Santiago de Compostela, durante a presentación da memoria do ano 2020 da institución. Nesta rolda de prensa, estivo acompañada polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín.

En total, recibiu 25.884 solicitudes, tanto clínicas --de tipo médico, psicolóxico ou de traballo social--, como patolóxicas --mortes violentas, sospeitosas de criminalidade ou naturais, entre outras--.

No apartado da pericia psicolóxica forense, a demanda foi de 1.967 solicitudes, o que supón un 8,5 % da demanda xudicial, en tanto que na social sumou 1.544 casos, o que supón un 6,6 % da demanda xudicial.

A directora en funcións quixo resaltar que este número “non se traduce en informes” debido a que, por cada solicitude, pódese expedir máis dun informe.

En canto a violencia de xénero, o Imelga traballa con Unidades de Valoración de Integral de VDG, equipos multidisciplinares constituídos por un médico forense, un psicólogo e un traballador social. Así, rexistráronse tres casos de mortes neste 2020 por esta secuela, a segunda cifra máis baixa desde 2013.

Por outra banda, no que respecta a suicidios, supoñen un 34,9% do total das mortes violentas e diminuíron en todas as provincias galegas, segundo indicaron na rolda de prensa. Con todo, a taxa de suicidios en Galicia sitúase en 13,11 por cada 100.000 habitantes, polo que “supera” a ao ámbito nacional e europeo.

Un ano máis, no caso das mortes naturais, a patoloxía máis numerosa foi a cardiovascular, que supuxo o 74,7% do total. Nestes casos a morte preséntase de forma súbita, en persoas sanas, polo que en moitas ocasións derívanse á investigación xudicial aínda que non haxa sospeita de criminalidade. A continuación, e con moita diferenza, sitúanse outras causas como patoloxías respiratorias ou dixestivas.

En canto ás mortes violentas, as máis frecuentes foron as accidentais con 565 casos, que supuxeron o 63,9% do total. A maioría das mortes accidentais foron causadas por traumatismos de distinto tipo, fundamentalmente por caídas fortuítas ou accidentes de tráfico. Logo das mortes accidentais, seguiron en importancia os suicidios, con 307 casos, un 34,6% do total, aínda que baixaron lixeiramente respecto do ano anterior. E, por último, sitúanse os homicidios, con 15 casos, dous menos que no ano anterior.

O servizo de Patoloxía Forense encárgase das pericias quebsucan coñecer a causa e ciscunstancias da morte nos casos de morte violenta ou sospeitosa de criminalidade.

28 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito