Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 27 enero 2022
01:20
h

Premios para a Sementeira da USC na International Mathematics Competition

FACULTADE. O equipo Sementeira da Facultade de Matemáticas da USC, conformado polos estudantes Javier Guillán Rial, Sergio Herrero Vila, Ángel Morcillo Gómez e Miguel Picos Maiztegui, vén de acadar unha medalla de bronce (Sergio) e dúas mencións de honra (Javier e Miguel) na International Mathematics Competition (IMC). Está considerada como a competición matemática internacional por excelencia para estudantes universitarios, que é celebrada anualmente dende 1994, habitualmente no país de Bulgaria. Non obstante, por mor da situación sanitaria, este ano foi realizada de xeito telemático.

Esta é a primeira ocasión na que a USC presenta un equipo para competir na citada proba, na que participaron máis de 560 estudantes universitarios de todo o mundo. Os premiados destacan e agradecen o traballo e dedicación ás olimpíadas matemáticas polo profesor da Facultade Felipe Gago Couso, promotor e coordinador das iniciativas Sementeira e a Olimpíada Matemática Galega. A decana de Mátemáticas, Elena Vázquez Cendón, agradece o labor do equipo de Sementeira e o traballo dos participantes, así como valora moi positivamente a acción de patrocinio que a Facultade asumiu con esta iniciativa. ecg

05 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito