Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Propón un fondo para compensar ás vítimas do amianto

XUNTANZA. O BNG mantivo en Ferrol unha xuntanza coa Asociación Galega de Vítimas do Amianto para falar da proposición de lei que será sometida hoxe a toma en consideración do Pleno do Congreso para a creación dun Fondo de Compensación para as Vítimas do Amianto. No encontro estiveron presentes por parte do BNG o deputado Néstor Rego, o parlamentario galego Ramón Fernández, o portavoz municipal Iván

Rivas e a responsábel comarcal Mercedes Tobío. Por parte da asociación acudiu unha delegación da directiva da asociación encabezada polo seu presidente Xoán Xosé Pita. Os nacionalistas e os afectados coincidiron na conveniencia e urxencia de creación do Fondo de

Compensación, que leva xa anos paralizado na tramitación parlamentaria, mais tamén, na necesidade de mellorar determinados aspectos do texto, para garantir o adecuado tratamento

das vítimas. “Parécenos de xustiza que despois de tantos anos desde que se prohibiu o amianto porque se constataron os efectos altamente nocivos para a saúde, se cree un fondo para indemnizar as vítimas e se poña fin anos de batallas xudiciais para ver recoñecido ese

dereito” subliñou Rego.

A creación do fondo pretende evitar a xudicialización dos procesos de reclamación que torna máis lenta a concesión das indemnizacións aos afectados e afectadas. Son procesos en que deben probar non só que a súa enfermidade é debida á exposición ao amianto, senón que na súa empresa se traballaba con este material, proceso de proba moitas veces difícil, porque é unha realidade que hai empresas que en moitos casos pecharon. ecg

12 abr 2021 / 20:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.