Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Publicada a oferta de prazas do 2021 para persoal docente da USC

Son 117 postos, 82 son de quenda libre e 35 de promoción interna para os catedráticos

Santiago. O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste luns publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o ano 2021, que consiste en 117 prazas de profesorado con vinculación permanente.

Da totalidade destas prazas, 82 (14 de profesorado contratado doutor e 68 de profesorado titular de universidade) corresponden ao sistema de quenda libre. Delas resérvanse 19 prazas (1 de profesorado contratado doutor e 18 de profesorado titular de universidade) para dar cumprimento á obriga de destinar un mínimo do 15 % do número total de prazas que se ofrecen para a incorporación de persoal investigador doutor que obtivo o certificado I3 no marco do Programa Ramón y Cajal.

No caso de que non se utilicen todas as prazas previstas nesta reserva, para a incorporación doutros investigadores de programas de excelencia, nacionais ou internacionais, e que obtivesen o certificado I3. Na OEP inclúense, ademais, 35 prazas para a quenda de promoción interna, correspondentes ao corpo de catedrático.

A oferta de prazas agora publicada no DOG ven dar comprimento aos acordos acadados no Consello de Goberno da institución académica do 30 de abril, cando a USC aprobou os maiores orzamentos da súa historia. Nese momento a universidade indicaba que “a renovación e consolidación deste persoal son os eixes dunha oferta constituída por 117 prazas. Esta mesma filosofía aplicarase na próxima oferta de emprego para o persoal de administración e servizos” que nesa data atopábase en trámite de negociación”. Unha vez coñecidos postos que saen nesta OEP, comeza o porceso interno na propia institución para que cada departamento solicite as prazas en función do que precisa e de que haxa persoal que acrediten os requisitos para presentarse.

A USC precisa cubrir as prazas que quedarán libre polas xubilacións próximas. De feito, neste mesmo ano 2021, prevé que deixen os seus postos arredor de 50 persoas. Son as xubilacións forzosas e as voluntarias que nestes momentos xa están comunicadas, pero poderían ser máis. A institución prevé nesta década a maior xubilación da súa historia. s. barba

21 jun 2021 / 14:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.