Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Realízanse 10.000 análises anuais de biotoxinas do mexillón para garantir a súa venda e consumo seguro

Ciencia. A Comunidade galega, a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), efectúa 10.000 analíticas anuais de biotoxinas presentes no mexillón para “garantir” un consumo e venda seguros do produto.

Todas estas actuacións por parte desta organización permiten o consumo dunhas 250.000 toneladas e dá lugar a 2.000 informes previos á súa extracción, ademais de 300 resolucións por ano de prohibición ou autorización da recollida destes moluscos segundo zonas de produción.

Asimesmo explicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa participación na toma de mostras para analizar en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Ademais, a titular da Consellería do Mar falou dos “estritos controis” que se realizan neste campo, xa que o centro identifica os distintos tipos de toxinas, así como a súa presenza por zonas de produción, co que establece peches temporais.

Así lembrou que a existencia das toxinas constitúe “un fenómeno natural” e repítese “na maior parte” das zonas de produción de moluscos bivalvos do mundo.

Tamén destacou o traballo do Intecmar durante o Estado de Alarma na pandemia, xa que as súas funcións, “declaradas esenciais”, contribuiron ao abastecemento de mexillóns coas garantías hixiénico-sanitarias.

Tamén por pate da Xunta aseguran que, de acordo a datos de Intecmar, a media de afectación das biotoxinas lipofílicas ás zonas produtivas entre 1998 e 2020 é máis dun 25 % ao ano e que, en xeral, as bateas situadas máis ao exterior son as que estiveron máis días pechadas .

Desta forma a ría de Pontevedra é a que rexistra maior período de prohibición de extracción debido a esta biotoxina, mentres que a ría de Arousa foi a menos afectada, e o que se refire á biotoxina ASP ou amnésica, afecta un 1 % ao ano en maior medida as rías de Muros e Noia e Ares-Betanzos e menos na ría de Arousa. EP

19 ago 2021 / 23:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.