Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman que se vinculen as axudas para as adegas a prezos xustos da uva

UUAA apunta que sería a ocasión idónea para ligar subvencións e os contratos homologados

Unións Agrarias solicita a implicación da Xunta para que o novo contrato tipo de homologación de compravenda de uva se convirta no método habitual de relación entre produtores e adegas. A organización valora positivamente a nova ferramenta; e insta ao Goberno galego a mover ficha para conseguir que o seu uso aporte as garantías que os pequenos e medianos viticultores precisan.

UUAA entende que a posta en marcha dun novo contrato plurianual permitirá dotar de maior estabilidade ao conxunto do sector vitivinícola. A organización considera que a aplicación dunha relación contractual a tres anos suporá un importante espaldarazo para os produtores de uva e permitirá avanzar cara a unha relación máis igualitaria entre estes e as adegas; evitando sorpresas así como a posible aplicación de cláusulas abusivas.

Así as cousas, UUAA insta á Xunta a vincular o uso deste novo contrato tipo a liñas de axudas públicas ás adegas como as recollidas na nova Estratexia do Viño. Así como ao despósito dos contratos asinados nun rexistro público antes do inicio da vendima.

O sindicato entende que este é momento perfecto para activar o rexistro público de contratos que a organización leva tempo reclamando. Unha ferramenta indispensable para dotar de garantías aos produtores e evitar a sinatura de contratos en branco; así como a posibilidade de que as adegas realicen modificacións no prezo pactado ou o adapten ás súas necesidades unha vez recollida a uva.

Unións lembra a importancia estratéxica das pequenas explotacións vitivinícolas; fundamentais para fixar poboación e un sustento económico imprescindible en moitas zonas do rural galego. Un papel estratéxico dende o punto de vista social, cultural e demográfico que a organización agarda sexa tido en conta polo goberno galego.

Unións Agrarias lembra que os pequenos e medianos produtores e a viticultura social son a base do sector en Galicia. E insta Xunta de Galicia a colocalos no centro da súa estratexia de apoio; impulsando medidas que aseguren o cumprimento da Lei de Cadea Alimentaria e a recollida da uva e prezos que garantan a rendabilidade e o futuro das explotacións.

06 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.