Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recoñecemento a Ence pola súa excelencia ambiental

Recibiu un dos premios outorgados por APROEMA, a Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia, polo seu esforzo a prol dun desenvolvemento sostible

A Biofábrica de Ence Pontevedra recibiu hoxe un recoñecemento á súa excelencia ambiental, enmarcado dentro dos Premios Medio Ambiente que outorga a Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia (APROEMA) a aquelas organizacións que levan a cabo un esforzo empresarial e público na adaptación de medidas ambientais e económicas que impulsan o desenvolvemento sostible de Galicia.

A presidenta de APROEMA, Arancha Mañas, foi a encargada de entregar o devandito recoñecemento ao Director Territorial de Ence Pontevedra, Antonio Casal, durante un encontro no Círculo de Empresarios de Galicia, ao que Ence asistiu de forma virtual, cumprindo así coas medidas establecidas no seu protocolo de seguridade fronte ao Covid-19.

Para outorgar este recoñecemento a Ence, APROEMA valorou especialmente aspectos como “o liderado en materia de prevención e control, o fomento do uso de procesos de mellora continua empresarial, o impulso á competitividade grazas á mellora e protección do medioambiente e a influencia sobre outras industrias para o establecemento voluntario de medidas corresponsables que vaian máis aló da regulación”.

Así mesmo, esta organización destacou que Ence “desenvolve as súas actividades a través dun modelo produtivo integrado que segue os criterios de sustentabilidade e responsabilidade empresarial máis esixentes e recoñecidos a nivel internacional”.

Para esta Asociación, o compromiso ambiental de Ence “está baseado no cumprimento rigoroso e exhaustivo da normativa vixente”, co fin de “alcanzar unha elevada protección do medioambiente no seu conxunto”. Empresas como Ence “realizan grandes investimentos e xeran miles de postos de traballo, contribuíndo así para que Galicia sexa un referente do sector ambiental e empresarial”, engadiu.

Así mesmo, esta entidade valorou o desenvolvemento, por parte de Ence, do Decálogo para a Sustentabilidade da Biomasa como Combustible, unha iniciativa pioneira en España posta en marcha para garantir unha total sustentabilidade na utilización da biomasa e o coidado do medio ambiente no seu aproveitamento como fonte de enerxía.

Para o Director Territorial de Ence Pontevedra, Antonio Casal, esta distinción supón un paso máis na firme aposta de Ence polo coidado e o respecto da súa contorna social e ambiental. “A través da produción de celulosa e enerxía renovable, así como a través dunha xestión forestal sostible, a compañía está aliñada cos principios da bioeconomía, a economía circular e a transición enerxética”, sinalou.

Ence-Pontevedra foi recoñecida con prestixiosos recoñecemento internacionais, como a Distinción Oro da Comisión Europea pola súa mellora ambiental e a ecoetiqueta Nordic Swan, selo ecolóxico oficial dos gobernos escandinavos. Así mesmo, conta co certificado “Residuo Cero” de AENOR, entre outros recoñecementos.

04 jun 2021 / 14:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.