Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rede Aberta nace para levar a fibra óptica ao rural

Rede Aberta, con sede en Santiago, nace para levar fibra óptica ao rural galego para uso residencial e empresarial naqueles territorios e lugares onde aínda non chegou, co fin de que os operadores de telecomunicacións poidan prestar. O obxectivo empresarial é chegar a 400.000 fogares en catro anos a partir do programa do Connecting Europe Broadband Fund (CEBF). O despregamento inicial da infraestrutura necesaria comezará por Chantada e Taboada, en Lugo, e Silleda e Caldas de Reis, en Pontevedra.

Manel Pazo (O Carballiño, 1960) é o presidente da compañía. Enxeñeiro pola Universidade de Vigo, posúe formación en alta dirección de empresas polo IESE Business School. Igualmente, ten unha dilatada traxectoria profesional no ámbito enerxético e eólico, así como en traballos para a Administración galega. “Rede Aberta é unha compañía interesada en fomentar o desenvolvemento tecnolóxico do medio rural galego. Hoxe é imposible traballar no campo en calquera ámbito agropecuario se non se dota de servizos tecnolóxicos de primeiro nivel, exactamente igual que nas cidades e núcleos urbanos. Por suposto, a industria do tipo que sexa instalada no medio rural tamén precisa de banda larga e Internet de calidade. Agora que tanto se fala, pola covid, de volver ao medio rural, cómpre aproveitar a oportunidade”, segundo destaca o presidente Pazo.

Xunto a outras áreas metropolitanas debe terse en conta á poboación que vive noutras contornas, como o medio rural, procurando mellorar o seu benestar, segundo engade Pazo, en alusión ás directivas europeas e directrices españolas. “Por iso cómpre artellar medidas específicas para os territorios despoboados que faciliten o desenvolvemento de novos proxectos profesionais, o acceso en igualdade de condicións a servizos públicos, a fixación de poboación e a atracción de talento, así como un uso sostible dos recursos”, conclúe Pazo.

20 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.