Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rego defendeu en San Cibrao o futuro para A Mariña

    emendas. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, participou onte nun acto público na Mariña para trasladar as propostas que o BNG presentou aos Orzamentos do Estado para 2022 para garantir o desenvolvemento económico, laboral e social da comarca. Destacou a emenda sobre a intervención pública de Alcoa pola SEPI que permitiría establecer un proxecto industrial solvente, pero tamén considerou imprescindibles os investimentos en infraestruturas ferroviarias e nas comunicacións por estrada e mellorar así a comunicación da Mariña co resto de Galicia e do Estado.

    No acto celebrado na Casa da Cultura de San Cibrao tamén interviñeron a responsable comarcal de Galiza Nova, Pilar Vázquez, e o voceiro municipal do BNG en Cervo, Diego Fernández.

    Rego comezou falando do investimento territorializado previsto nos Orzamentos para 2022, nos que Galiza parte dunha posición mellor, ao rexistrarse un incremento do mesmo respecto do previsto no ano anterior. “Non cabe dúbida de que a posición de firmeza do BNG nas contas de 2021, denunciando a discriminación ao noso País e votando en contra, foi útil e provocou unha rectificación por parte do Goberno”, explicou Rego. Esa suba, a xuízo do BNG, non chega para compensar o déficit histórico en materia de infraestruturas e a baixada do anterior exercicio, por iso o BNG fixo máis de trescentas propostas de investimentos necesarios para a recuperación e o avance social e económico da comunidade. “As emendas do BNG poñen o foco nas actuacións imprescindíbeis para Galiza, e van desde reclamar a modernización na nosa rede ferroviaria interna e a implantación do servizo de cercanías nas áreas metropolitanas até o desenvolvemento de plans de futuro para o sector naval, para a transición xusta nas comarcas afectadas polo peche das térmicas ou para o saneamento das rías e ríos da Galiza. Pero tamén fixemos propostas de política social, reclamando a suba nas pensións mínimas, o financiamento da dependencia, a baixada do IVE ao 4 % nos produtos básicos como a luz e o peixe, entre outros” , expuxo Rego. ecg

    05 dic 2021 / 00:39
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.