Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rego: “Unha vez máis o Estado non cumpre con Galicia”

O deputado nacionalista Nestor Rego amosou nunha primeira valoración de urxencia dos presupostos o descontento do BNG ante unhas partidas de investimento que “se estancan” cunha cifra “practicamente igual á do ano pasado” nun contexto de “orzamento expansivo” e nun escenario no que continúan subindo os investimentos nas CCAA”. Rego puxo como exemplo o caso de Madrid, onde o ano pasado se “duplicou o que estaba orzamentado” e “previsiblemente neste ocorra o mesmo”. “O BNG non vai cuestionar que sei invista noutras comunidades”, apuntou, “pero si imos reclamar que os orzamentos non só atendan a necesidades presentes, que non o fan, senon que tamén tenten compensar o déficit histórico en investimentos”, que é o principal problema, tal e como o expón o Bloque. Apuntou, neste senso, que faltan partidas que o Bloque Nacionalista Galego considera imprescindibles, “como a saída sur de Vigo e a conexión no Eixo Atlántico coa rede portuguesa en Valença-Tui, como a modernización das liñas A Coruña-Lugo e A Coruña-Ferrol, ou a conexión de Santiago con Lugo”. “Por tanto estamos falando dun orzamento decepcionante”, asegurou, “que unha vez máis non cumpre con Galiza e no que o BNG vai traballar activamente para melloralo”. Asemade, fixo alusión ao “incremento do gasto militar de máis de tres mil millóns de euros nun contexto de crise social e conómica”. Nestor Rego calificou como “unha barbaridade que neste contexto a prioridade do Goberno PSOE-Podemos sexa o incremento do gasto militar en vez de atender ás necesidades sociais”, que será polo que loite o BNG. E.N.

06 oct 2022 / 21:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito