Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reunións de UUAA cos grandes da distribución pola grave crise do lácteo

Unións Agrarias mantén una quenda de reunións individuais cos grandes actores da distribución en Galicia para trasladarlle as grandes dificultades que sofren as explotación lácteas galegas pola suba incontrolada dos custos de produción. Nesta rolda, que rematará o vindeiro día 18, UUAA manifesta a boa disposición das cadeas de supermercados para sacar do estancamento de mais de dous anos que sufre o prezo final do leite nos lineais de compra. Pero para poder actuar así reclaman unha unidade de acción a que deben de incorporarse as industrias.

UUAA esixe a Xunta e Ministerio de Agricultura que tomen o liderado para impulsar un cumprimento estrito do ordenamento que fixa a Lei de Cadea en canto a obrigatoriedade de negociacións efectivas de contratos cunha referencia real dos custes de produción. Situación que nestes momentos dista moito de cumprirse polas prácticas “trileiras” das industrias que seguen a impoñer fórmulas de adhesión disfrazándoas dun acordo pactado.

Para a organización resulta incompresible que teña que ser unha organización como UUAA, -por incomparecencia das administracións- a que teña que promover o cambio das regras de xogo entre os elos da cadea de valor do leite para que se reparta de xeito xusto os beneficios da produción. Porque esta é a letra e o espírito que se recolle na Lei de Cadea, e polo tanto esta debe de ser a base de actuación para corrixir as ilegalidades que determinadas industrias e moitos primeiros compradores, cometen a hora de asinar os contratos cos gandeiros.

Unións Agrarias, reclama a convocatoria da Mesa do Leite co obxectivo de denunciar e trocar unha situación que de continuar pon en grave risco a supervivencia de moitas explotacións galegas.

11 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.