Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Revolución no medio rural

Algo está a cambiar no medio rural, onde se concentran os recursos ambientais así como boa parte do patrimonio cultural. O seu dinamismo acrecentouse pola pandemia, tal e como puxeron de manifesto os expertos do Foro Económico de Galicia na V Reunión Casal de Arman, que baixo o lema ‘A Gobernanza do medio rural’, se congregaron na adega ourensá. Nesta cita quedou de manifesto que a transición demográfica introduce o desafío de acelerar os procesos, entre eles o da transición ecolóxica, que está dirixida claramente cara ao medio rural. As novas estratexias na competencia internacional traballan con variables de desenvolvemento económico equilibrado do que volverán formar parte zonas ata hai pouco esquecidas. Tamén a dixitalización e o impulso da economía sostible abren un novo escenario con claras oportunidades de crecemento.

Con todo a lista de carencias nunha xestión coherente do rural en comparación ao urbano é extensa. A primeira é a derivada dunha organización da gobernanza multinivel desconectada e ineficiente. A superposición administrativa de políticas públicas, normativas, incentivos e outras provoca unha xestión ineficiente. De aí a primeira recomendación dos expertos reunidos en Casal de Armán: a necesidade dun cambio de paradigma do modelo de toma de decisións que permita adoptar técnicas adecuadas que permitan obter a maior eficiencia para o mundo rural.

Un dos expertos convidados en entidades locais, Serafín Pazos Vidal, responsable de política europea da Convención de Autoridades Locais Escosesas (Cosla) que explicou o exemplo de Escocia, un territorio moito mais grande que Galicia pero con menos concellos que a miúdo se sinala como caso de éxito. Pazos matizou que a mellora na xestión non estriba no número de concellos senón da repartición de competencias. Trátase de equilibrar o tamaño do concello coas competencias que pode xestionar e tamén das fórmulas de financiamento dos servizos.

Tamén a fusión de concellos como fórmula para mellorar a xestión de servizos aos cidadáns, foi comentada. Ao respecto a director do Foro Económico, Santiago Lago, afirmou que non cree que a fusión xeralizadas e obrigatorias sexan a panacea para a xestión municipal. “Hai que ser pragmáticos e analizar caso a caso.”

O presidente do Foro Económico, Emilio Pérez Nieto fixo fincapé na falta de formación dos cidadáns do rural, “o campo está ausente da Formacion Profesional, os gandeiros e agricultores non teñen a formación necesaria, existe unha clara fenda entre zonas urbanas e rurais.”

A directora xeral de Agader, Inés Santé Riveira presentou o proxecto para a recuperación e posta en valor de terras, unha iniciativa estruturada en dous eixos: a dixitalización do medio rural e a formación dos axentes económicos.

Á V Reunión Casal de Armán, un encontro baixo a coordinación da profesora da USC, María Cadaval, asistiron unha trintena de expertos en entidades locais, desde o ámbito académico (Santiago Lago, Mar Pérez Fra, da Universidade de Vigo e da USC) á xestores públicos (Elena Candia, ex alcaldesa de Mondoñedo e deputada do Parlamento de Galicia, María González-Albert, ex alcaldesa da Rúa e deputada do BNG; Inés Santé, directora xeral de Agader e Xaquín Fernández Leiceaga, senador) e axentes que traballan no mundo local como Xosé Lois Lamazares, de Daveiga, e Antonio Rodríguez Corbal, do C.D.R. O Viso, ademáis de xornalista dalgúns medios galegos. O evento foi pechado polo membro do Foro, Edelmiro López Iglesias.

09 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.