Rexistrado un novo incendio en Brión que xa foi estabilizado
Na súa extinción traballan un axente, cinco brigadas e tres motobombas
Un novo incendio foi rexistrado na tarde deste venres no municipio de Brión (A Coruña), parroquia dos Ánxeles, que xa foi estabilizado.
Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural, as chamas foron detectadas ás 17,51 horas e na súa extinción traballan dous incendios, un axente, cinco brigadas e tres motobombas.
Polo momento, segundo as primeiras estimacións da Xunta, a superficie afectada é inferior a unha hectárea e quedou estabilizado ás 18,48 horas.
Ademais, a Consellería de Medio Rural deu por controlado --xa non presenta chamas activas-- o incendio rexistrado este venres na zona de San Pedro de Visma, na Coruña. Precisamente, o Concello emitiu un comunicado no que informa da extinción do lume ás 17,30 horas após calcinar 40.000 metros cadrados de monte raso. EUROPA PRESS