Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rolf Heuer celebra na USC o décimo aniversario do ‘seu’ bosón de Higgs

Santiago. ‘Sabía que o tiñamos (I knew we had it)’ foi o o título do relatorio que este mércores pronunciou na Nerd Nite o que fora director do CERN, Rolf Heuer, entre os anos 2009 a 2015, para conmemorar o décimo aniversario do descubrimento do bosón de Higgs. Heuer imparteu esta charla divulgativa logo de ser recibido no Colexio San Xerome, polo reitor da USC, Antonio López; polo vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri; e polo director do Instituto de Física de Altas Enerxías , Carlos Salgado.

A Nerd Nite, que tamén chega ao seu décimo aniversario, desenvólveuse en A Nave de Vidán. Heuer pronuncia un segundo relatorio este xoves 24, ás 20.00 horas, no auditorio Abanca, no marco da Semana da Ciencia do IGFAE.

Ademais de Rolf Heuer, interveñen na Nerd Nite o profesor da USC e investigador do IGFAE, José Edelstein, e Pier Paolo Giardino, investigador distinguido do IGFAE. ‘O segredo está na masa’ é o título da intervención do profesor Edelstein; mentres que Giardino diserta sobre ‘O bosón de Higgs, unha luz na escuridade’. As Nerd Nites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. O coordinador das Nerd Nites é o catedrático de Electromagnetismo da USC, Jorge Mira Pérez.

Rolf Heuer é protagonista tamén da Semana da Ciencia do IGFAE. Nesta quinta edición, o físico alemán imparte unha charla de divulgación sobre o bosón de Higgs, a partícula que supuxo un fito na historia da ciencia e acaparou a atención de todos os medios de comunicación e a sociedade hai agora unha década. Titulada ‘Celebrando 10 anos do bosón de Higgs: explorando o universo temperán no CERN’

Rolf-Dieter Heuer (Göppingen, Alemaña, 1948) estudou física na Universidade de Stuttgart e doutorouse na Universidade de Heidelberg. De 1978 a 1983, foi físico investigador na Universidade de Heidelberg, traballando no anel de almacenamento de electróns-positróns PETRA. De 1984 a 1998, foi membro do CERN, traballando para a colaboración OPAL no Gran Colisionador de Electróns e Positróns. r.m.a.

24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito