Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rueda, contento pola rebaixa fiscal estatal

Celebra como unha magnífica noticia o proxecto luso para o AVE Oporto-Vigo

No tocante á reibaixa fiscal anunciada onte polo Goberno central, o presidente da Xunta de GAlicia, Alfonso Rueda, amosou a súa “alegría” de que “se acabe rectificando a si mesmo” no tocante a unha medida que, reclalcou, xa propuxo o PP.

“O esquema é sempre o mesmo: o Partido Popular propón unha medida, o Goberno a demoniza e di que é improcedente, e acto seguido resulta que toma esas medidas. Até hai unha hora, baixar impostos, segundo o Goberno de España, era algo absolutamente inconveniente que puña en gravísimo risco a prestación de servizos públicos”, criticou Rueda, na comparecencia posterior á reunión semanal do Executivo autonómico.

Neste senso, recalcou que “baixar impostos é bo”, pero “o lamentable é que sempre” haxa que ver que “este esquema se repite”. Ademais, sinalou que xa hai comunidades autónomas “de todas as cores políticas que, no uso das súas capacidades, fan o contrario que di o Goberno que hai que facer”.

Non en balde, tamén deslizou “sería moi ben acollida e tería efectos moi beneficiosos” para as familias unha baixada do IVE a produtos básicos, como xa propuxo --lembrou-- o PP de Alberto Núñez Feijóo, entre outras “moitas voces”.

Noutra orde de cousas, sobre a proposta da vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, para unha armonización fiscal entre as autonomías, Rueda recalcou que é outra “rectificación sobre rectificación”.

E é que o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, apostaba hai días por esta medida, pero o Goberno matizou que era unha opinión persoal súa. “E agora unha vicepresidenta volve dicir aquilo polo que foi desautorizado un ministro”, explicou Rueda.

Así, o presidente galego volveu reivindicar que Galicia ten a súa “propia senda fiscal” de baixar impostos que non empezou “hai unha semana”, senón que algúns anuncios neste sentido foron avanzados “hai meses” e outros levan “anos”. En total, segundo os seus cálculos, con respecto ao 2009 cada galego se aforra 450 euros na súa declaración da renda.

Retribución dos funcionarios. O Goberno central tamén anunciou este mércores a súa proposta de subida salarial para os empregados públicos, cun 1,5 por cento este ano e un 2,5 para o próximo. Preguntado sobre como vai afectar á elaboración dos orzamentos da Xunta de 2023, o presidente reduciuno a un mero “anuncio propagandístico”.

Con todo, como avanzara na súa comparecencia do martes no Parlamento galego, o 40% da contía que subirán as contas autonómicas para o próximo exercicio
--que ascenderán a uns 12.600 millóns de euros-- está previsto para atender os aumentos retributivos destes traballadores públicos

Alfonso Rueda urxiu ao Executivo central a dar a coñecer “cal é esa cantidade e como se negocia”, á vez que solicitou que “escoite ás comunidades autónomas, que seguro que teñen moitas cousas que dicir”.

Alta velocidade: o que ten que facer españa. No tocante á decisión anunciada o mércores polo primeiro ministro luso, António Costa, sobre o protecto de alta velocidade entre Lisboa e Oporto e que inclúe a conexión con Vigo, Alfonso Rueda celebrou a nova como unha “magnífica noticia”.

“Estamos moi de noraboa”, respodeu o presidente da Xunta preguntado por esta cuestión. Asemade, valorou positivamente que se trate dun anuncio con “plazos concretos” e con “firmeza”, xa que está previsto que as obras arrinquen no 2026.

“Portugal podería ter escollido outras opcións e escolleu a que máis lle conviña, a que máis lle convén a Galicia”, sentenciou o titular do Executivo galego. “Portugal está cumprindo, pero agora teno que facer tamén o Goberno de España”, advirtiu.

Rueda pediu axilidade na execución da saída sur ferroviaria de Vigo, xa que está comprometida “pero non executada”. Un dos asuntos que, segundo lembrou, lle trasladou a Sánchez no encontro que tiveron en xullo na Moncloa. Unha cuestión que Sánchez “dixo que trasladaría ao ministerio competente e aí quedou a cousa”. “Espero que despois desta aposta clara que ten que facer Portugal, desde o Goberno de España tamén se faga”.

29 sep 2022 / 21:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito