Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Por segundo ano a pandemia fai que a tradicional festa galega sexa distinta // A Xunta prohíbe as fogueiras comunitarias // O positivo é que parece que non choverá TEXTO Salomé Barba

San Xoán atípico, con cacharelas só privadas

A noite máis meiga do ano, a de San Xoán, será neste 2021 diferente ao que os galegos están acostumados. Por segundo ano consecutivo, a pandemia do coronavirus , que mudou moitas costumes, cambiará a forma de festexar a chegada do solsticio de verán. Coas últimas instrucións da Xunta no relativo ao que se pode facer ou non pola dituación epidemiolóxica da comunidade, quedan prohibidas as cacharelas en espazos públicos ou comunitarios. É dicir, nada de fogueiras en prazas, rúas e, por suposto, praias.

A restrición enmárcase dentro da prohibición de celebrar “festas, verbenas e outros eventos populares”, da Consellería de Sanidade e o comité clínico que a asesora desde o comezo da pandemia, vixente ata o día 1 de xullo.

Ademáis, as recomendacións para as reunións de non convivintes é de 6 persoas en espazos pechados e 15 en abertos. Pero son iso, recomendacións, xa non prohibicións. Sen contar con que non hai toque de queda, aínda que a Xunta pide sentidiño de 1 a 6 da mañá.

Así as cousas, neste ano 2021 tampouco se volverá a ver o espectáculo dos arenais da cidade da Coruña cheos de xente facendo as súas fogueiras na area. Nin tampouco as deprimentes imaxes do día despois, coa praia abarrotada de lixo e grupiños de festeiros durmindo incluso cos tractores limpando botellas e bolsas ao seu arredor.

A maior parte dos concellos optaron pola prudencia e descartaron as cacharelas en espazos públicos. Eso sí, fixeron unha consulta a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para aclarar como e con que medidas poderíase celebrar a tradicional noite. Sen embargo, Vigo anunciaba que as autorizaría en espazos públicos, pero a semana pasada o alcalde Abel Caballero tivo que suspendelas pola prohibición da Xunta.

Deste xeito, os gobernos locais optaron por abrir a solicitude da celebración de fogueiras privadas, condición imprescindible para poder queimar madeira este ano na noite meiga. Entón, que se poderá facer e que non?

Nada de lugares públicos As cacharelas non poderán estar en prazas, rúas pu parques, e, por suposto, tampouco nas praias. Só se poderán acender en lugares pirvados como a eira dunha casa e previa autorización do concello correspondente.

Pouca xente arredor do lume Neste caso ñe unha recomendación, non unha prohibición, pero a Xunta pide que non se xunten máis de 6 personas en espazos pechados e 15 máximo ao aire libre. Así que poderemos estar arredor da fogueira pero gardando a distancia de seguridades, usando mascarilla se non todos somos convivientes e non xuntarnos demasiados na festa.

Sardiñadas Nas fincas privadas poderá facerse sardiñada e churrascada, semper controlando que o lume non se propague. Pero nada de facelas en zonas forestais. Non haberá as sardiñadas populares, organizadas nos barrios ou comunidades de veciños.

que pasa coa hostalería? Os establecementos de hostalería galegos continuarán coas mesmas normas que na actualidade. É dicir, pecharán á unha da mañá o seu aforo será do 75 % nos locais con espazos ao aire libre e ata o 50 % no interior.

E as festas patronais? Poden seguir celebra´ndose, como será o caso de Carballo e Poio, por exemplo, que festexan ao santo. Os cambios son que non poderán celebrarse as tradicionais verbenas. Pero sí poderán ter música de rúa como alboradas, espectáculos para os nenos e pequenos concertos.

Vai chover? Parece que non. Despois dunhas xornadas pasadas por moita auga na maioría da comunidade, este martes comezará a mellorar. Tal e como indica Meteogalicia, Galicia queda nunha situación intermedia entre as borrascas situadas en Centroeuropa e o anticiclón nos Azores, configuración que vai deixar un corredor de ventos do norte. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes e intensos na metade norte. E o mércores 23, noite das cacharelas, co avance do día iranse abrindo claros e remitirán as chuvias. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas estarán en lixeiro ascenso.

21 jun 2021 / 15:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.