Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sanidade subliña o aumento dos traballadores de Atención Primaria

    Santiago. A Consellería de Sanidade resaltou este sábado que a media de profesionais que diariamente prestan en Galicia servizos en Atención Primaria “se ten incrementado paulatinamente cada ano, mellorando a nosa comunidade os ratios fixados no Marco Estratéxico para a atención primaria e comunitaria de 10 de Abril de 2019 do Ministerio de Sanidade”. No mesmo, segundo indicaron nun comunicado, establécese un horizonte a 2022 de cota máxima de 1.500 persoas en idade adulta e 1.000 persoas en idade pediátrica, cunha marxe de 10%. “En Galicia, os cupos medios son de 1.247 tarxetas sanitarias para médico de familia de adultos e de 804 tarxetas para pediatría”, engadiron neste senso.

    En concreto, conforme informan dende o departamento da Xunta, a media de traballadores que diariamente prestan servizos en atención primaria pasou de 8.536 a 9.443, polo que tamén “se ten incrementado a cobertura das ausencias en case 1.000 efectivos máis de promedio no ano 2021 en relación co ano 2015, sendo o incremento maior en persoal de enfermería, cun aumento medio de 709 efectivos máis”.

    De igual forma, a Consellería indica ademais que, actualmente, o orzamento de persoal do departamento sanitario galego dedicado a atención primaria é dun 28,1%. “O incremento da taxa anual acumulada de 2015-2021 é de 5,3 %, o que supón un aumento medio anual de 24 millóns de euros, totalizando no antedito período 141.919.687 euros”, apuntou.

    No que se refire ao aumento en postos de traballo, nos últimos anos a atención primaria ten incrementado o persoal nun total de 331 prazas, engadiron, sentenciando que os novos postos de traballo “teñen mellorado os ratios na práctica totalidade de servizos de atención primaria, que vén incrementados os ratios de entre 1 a 10 efectivos nestes anos”.

    26 sep 2021 / 00:28
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito