Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 26 enero 2023
21:30
h

Tres mil pequenos negocios recibirán 4,5 millóns en axudas da Deputación da Coruña

Valentín González Formoso presenta o balance para o sector hostaleiro e destaca os 25 millóns de euros que o seu goberno destinou no último ano aos sectores máis afectados pola pandemia

Preto de 3.000 pequenos negocios de hostalaría, hospedaxe, ocio nocturno e axencias de viaxe da provincia da Coruña recibirán 4,5 millóns de euros en axudas do programa REACTIVA da Deputación da Coruña. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, compareceron para dar a coñecer os resultados deste segundo plan REACTIVA, deseñado específicamente para apoiar e impulsar a reactivación destes sectores, que están entre os máis afectados pola pandemia da Covid-19.

González Formoso destacou que das 3.000 solicitudes rexistradas, un 85 % (2.530) xa están pagadas a día de hoxe. “Todas as axudas, incluidas as das empresas das grandes cidades, foron tramitadas directamente pola Deputación cun tempo medio de pago de 8,2 días. Un auténtico récord para calquera administración que se debe ao gran traballo do departamento de Promoción Económica e Emprego”, afirmou o presidente, que detallou que a vindeira semana estarán pagadas o 100% das axudas.

O presidente subliñou que os plans REACTIVA da Deputación suman no último ano 25 millóns de euros en axudas directas aos sectores máis afectados pola pandemia e supoñen “unha aposta importante pola reactivación económica da provincia”

No caso das axudas á hostalaría, alcanzarán os 4,5 millóns de euros; polo que as economías do orzamento “seguiremos dedicándoas á creación de emprego, tanto nas vilas pequenas coma nas cidades”.

José Ramón Rioboo, destacou tamén o investimento histórico que está a facer a Deputación na área de Emprego durante o último ano. “ A pandemia fixo que nos reiventaramos para destinar preto de 25 millóns de euros á reactivación da provincia”.

O deputado de Emprego explicou que as axudas son de 1.500 euros por negocio e que o 86% dos beneficiarios son bares e restaurantes, seguidas das empresas de hospedaxe (10%) e axencias de viaxe (3,6%) Por último, soamente 11 salas de festa e discotecas presentaron solicitude ás axudas de PEL-Reactiva II, o que supón o 0,4% do total.

19 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.