Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un novo ranking eleva o prestixio académico da USC

O QS World University 2020 ascende sete postos á universidade compostelá, que se sitúa así na posición 416 da clasificación mundial

Continúan as boas novas e o recoñecemento para o labor académico e investigador da Universidade de Santiago de Compostela. O luns foron o Center World University Ranking (CWUR) e o U-Multirank os que subliñaron o traballo realizado pola institución académica, destacando o seu rendemento investigador e a súa empleabilidade e elevando á cinco veces centenaria ata o posto 461ª global e o 13º estatal. E onte o QS World University Ranking preponderou o prestixio académico da principal universidade pública galega.

O QS World University Ranking constata na súa edición de 2021 que a USC incrementou en sete postos a súa reputación académica, situándose na posición 416 a nivel global, mentres que no cómputo das universidades españolas, a compostelá ocupa o posto 15º.

Esta clasificación é froito dunha sondaxe anual deseñada para avaliar a percepción que suscitan as mellores institucións educativas, a nivel internacional, no relativo ao eido investigador.

Esta listaxe non só avalía a reputación, a cal abrangue un 40% da cualificación final que recibe cada institución académicas. O resto dos indicadores empregados por QS son a relación entre o persoal académico e os estudantes (20 % do resultado final), o promedio de citacións obtidas (outro 20 %), o prestixio en termos de empregabilidade (10 %) e a proporción de persoal e estudantado internacional (correspondéndolle un 5 por cento do resultado final a cada un).

En base a esta metodoloxía, a USC sitúase a nivel global no intervalo 701-750, dunha clasificación que lideran universidades norteamericanas como o Massachusetts Institute of Technology (MIT), Stanford, Harvard e o California Institute of Technollogy (Caltech).

CLASIFICACIÓN POR MATERIAS. O Ránking QS elabora tamén unha clasificación en base ás materias na que a Universidade de Santiago de Compostela se mantén entre as mellores do mundo en Artes e Humanidades –onde se rexistra un ascenso de 50 posicións ata o posto 341–, Ciencias da Vida e Medicina, así como en Ciencias Naturais ou en Agricultura e Silvicultura, onde entra entre as 200 mellores universidades a nivel mundial. A USC destaca, de igual xeito, en trece materias das cinco grandes áreas de coñecemento.

Clasificación do CSIC. O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) faise tamén eco do prestixio investigador da USC na listaxe de persoal investigador que o organismo público –pertencente ao Ministerio de Educación e Ciencia– publicou recentemente.

No primeiro tramo desta listaxe (Top 5000), a universidade compostelana foi quen de situar a 103 nomes propios. Unha clasificación constituída con nomes de científicos e científicas que realizan o seu traballo tanto en institucións españolas como estranxeiras en función do seu índice H un sistema propuesto por Jorge Hirsch, de la Universidad de California, para la medición de la calidad profesional de científicos, en función de la cantidad de citas que han recibido sus artículos científicos–obtido a partires do seu perfil público en Google Scholar. A USC coloca no top 100 desta listaxe a catro dos seus investigadores entre os que destaca Cibrán Santamarina Ríos, da Facultade de Física.

10 jun 2020 / 21:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito