Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un total de 14 titulacións universitarias pechan listas na sexta convocatoria

Santiago. Un total de 14 titulacións das Universidades galegas pechan a súa matrícula na sexta convocatoria, de forma que estas súmanse aos anteriores graos que contemplan inscricións nas catro listas habilitadas para os alumnos que superaron con éxito as probas de acceso á Universidade este ano. Xúntanse así un total de 139 titulacións coas súas respectivas prazas cubertas. As carreiras que completaron xa as súas prazas nesta convocatoria son: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos no Campus de Ourense da Universidade de Vigo; Economía, Enxeñaría Eléctrica e Traducción e interpretación (Español-Francés) no Campus de Vigo, tamén da Universidade de Vigo; Ciencia Política e da Administración; Grao de Economía, no Campus de Santiago e a Administración e Dirección de Empresas e Empresa e Tecnoloxía (semipresencial) no campus de Lugo, ambas as dúas da Universidade de Santiago de Compostela.

Na mesma liña, pecharon os graos de Ciencias Empresariais; Español: estudos lingüísticos e literarios; Relacións laborais e Recursos Humanos e tamén Socioloxía. Pechou o ademais o Grao en Turismo con carácter online, parte do Campus de A Coruña co apoio da mesma Universidade.

De todas estas publicacións, os que se atopan cunha nota máis alta son o Grao en Economía da Universidade Santiago cunha nota media de 8,370 e por outra parte, está o Grao de Socioloxía que tamén presenta unha cifra de corte alta con 8,580 puntos.

A Comisión Interuniversitaria de Galicia informou do sexto prazo de matrícula en titulacións con límite de prazas nas tres universidades da comunidade conformando o sexto prazo para o alumnado das ABAU, para os titulados de FP e os estudantes maiores de 25 e 45 anos.

Así, os estranxeiros de países non membros da Unión Europea, deportistas de alto nivel e estudantes con discapacidade preinscritos en xuño.

Soamente poderán matricularse aqueles alumnos que posúan unha cualificación igual ou superior á do último convocado en cada titulación. Os alumnos poderán consultar a súa situación a través da dirección http:// ciug.gal/ ou chamando ao teléfono de consulta da Ciug: 881 813452. Redacción.

04 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.