Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

UUAA vixiará os acordos da carne para evitar novos prezos de miseria

Unións Agrarias indicou que vixiará de preto o cumprimento íntegro dos acordos acadados no sector do gando de carne logo da campaña de mobilizacións realizadas nas últimas semanas en distintas localidades de Galicia. Anuncia que os prezos deben recuperarse a valores anteriores aos efectos da Covid-19 nos mercados gandeiros. Así para becerros de Ternera Gallega Suprema de ata 225 quilos o prezo por kilo canal debe acadar os 4,75 euros.

UUAA avisa que as cotizacións que debe de facer pública a IXP Ternera Gallega deben ser reflexadas en contrato para ser cumpridas efectivamente, e reclama por parte da Consellería do Medio Rural a posta en marcha inmediata do observatorio de prezos, co fin de poder estabilizar os mercados dado que neste momento, e pesar das recuperacións logradas, non se acadan os custes de produción.

“Non existe neste momento ningunha razón de consumo, dada a case total reapertura da hostalería, para seguir en seguir pagando prezos de miseria polos becerros como ata o de agora se viña producindo”, denuncian.

30 jun 2020 / 21:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.