Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 18 agosto 2022
20:09
h

Valentín García: “Hoxe falan galego máis persoas que hai cinco anos”

Política Lingüística mantén que se incrementou o uso
da nosa lingua na escola, na familia es nas redes sociais

“Os estudos do IGE no Módulo de coñecemento e uso do galego da Enquisa estrutural a fogares de 2018, (o último dispoñible) mostran a consolidación da lingua galega como idioma maioritario de Galicia”. Así de tallante maniféstase o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, en relación coas críticas vertidas desde a plataforma Queremos Galego nas que denuncian unha involución no uso do noso idioma coincidindo co Día dás Letras Galegas (ver páxina anterior) este 17 de maio

Desde Política Lingüística califican ese seus datos “como positivos, por canto é a primeira vez, desde que en 2003 se comezara a publicar este estudo, en que medra o número de persoas que fala o galego de maneira habitual. Hoxe falan galego máis persoas que hai cinco anos, cando se realizou o último estudo”.

Valentín García Gómez explica que os datos anteriores “mostran o incremento de máis de dous puntos dos pais e nais que lles falan o galego aos seus fillos, precisamente porque “un dos retos aos que nos enfrontamos é o da transmisión familiar da lingua”. “Seguimos sendo”, engade, “a única Comunidade autónoma na que a súa lingua propia é maioritaria (por diante de Cataluña e Euskadi) comunidade autónoma que asegura uns maiores índices de coñecemento da lingua propia cooficial”.

“E iso, en tempos de globalización e de fluxos migratorios crecentes, coido que é unha noticia moi positiva que nos fala tanto de saúde da lingua como de integración”, afirmou o secretario xeral antes de engadir que “de feito, en eidos como a competencia escrita, acádase unha porcentaxe histórica de 86,79%”.

Máis galego na vida cotiá, na familia e nas redes sociais. Por primeira vez desde que en 2013 se publicara o módulo do IGE relativo á lingua, de acordo cos datos que facilita o departamendo de Cultura que se ocupa da Política Lingüística, “medra lixeiramente a porcentaxe de persoas galegofalantes, entendendo por tales as que falan só o galego e máis galego ca castelán, ata chegar a sumar un 51,88% da poboación (fronte ao 50,90% da enquisa anterior, correspondente a 2013)”.

“Se a elas lles sumamos as bilingües con predominio do castelán, temos que se incrementa ata un 75,02% a porcentaxe de galegos que emprega nalgunha medida o idioma propio de Galicia na súa vida cotiá (72,9% na enquisa de 2013), o que supón preto de dous millóns de falantes”. “Os datos mostran, así mesmo, un pequeno incremento do bilingüismo fronte ao monolingüismo, tanto en galego (que case se mantén) como en castelán (cun descenso un pouco maior)”, sentencia García Gómez nun comunicado de prensa.

REXEITAN AS CRÍTICAS DE QUEREMOS GALEGO. Por outra banda, é frente o que sosteñen dende Queremos Galegos e outros colectivos, para o departamento da Xunta “o galego parece mellorar tamén os seus índices de transmisión familiar, dado que crecen en máis de dous puntos e medio os pais e nais que se dirixen exclusivamente en galego aos seus fillos, ata alcanzar o 44,34 por cento dos proxenitores. En todo caso, son maioritarios os fogares nos que se falan ambas as linguas indistintamente, en concreto un 62,9%. Paralelamente, a porcentaxe de poboación que fala galego nas xeracións máis novas increméntase un punto, tanto de 5 a 14 anos como de 15 a 29”.

Aclara Política Lingüística que o Instituto Galego de Estatística “incorpora na enquisa de 2018 un dato novo relativo ao uso do galego nas redes sociais, que alcanza a case un 48% da poboación que as emprega. Constátase unha melloría no uso do galego en internet, o comercio ou a lectura, entre outros”.

“E se os datos de uso semellan alentadores, os de coñecemento do galego continúan a ser os mellores entre as linguas cooficiais do Estado español, con descensos na porcentaxe de cidadáns que non saben falar nada (menos do 3% da poboación) nin escribir en absoluto o galego (arredor do 13%)”, sostén García Gómez.

futuro
aposta polas novas tecnoloxías

··· Valentín García lembra que “acabamos de chegar a un acordo con Néflix para poñer en galego 70 títulos ao ano (igual que Cataluña e o País Vasco) e investimos millóns de euros todos os anos en axudas á produción en lingua galega” e recorda que a Xunta de Galicia ten elaborado o Proxecto Nós de xeración de entornos de voz mediante intelixencia artificial aplicados ás tecnoloxías da lingua. “Un proxecto moi ambicioso de 15 M€ que está presentado aos proxectos Next Generation. Agardamos que o Goberno Central teña a sensibilidade suficiente para dotalo de fondos e poder colocar o galego nas vangardas tecnolóxicas”, asegura.

17 de maio
centros de valdeorras

··· Valentín García, entregou onte no colexio CEIP Plurilingüe de Virxe do Camiño de Rubiá o premio ao traballo gañador do Concurso Exposición Letras Galegas 2022 na modalidade de ensinanza infantil e primaria. García felicitou o centro gañador polo seu coidado traballo, “unha obra colectiva que implicou tanto ao profesorado como ao alumnado do centro”. Seguidamente, Valentín García desprazouse ao IES Cosme López da Rúa para presentar a exposición sobre a figura homenaxeada pola RAG este 17 de maio correspondente ao resto dos centros e niveis educativos do ensino non universitario.

17 may 2022 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.