Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xornada de prevención de adiccións nos mozos

PSICOLOxÍA. A facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago (USC) celebra este venres, 3 de decembro, unhas xornadas, organizadas polo profesor Antonio Rial Boubeta. Baixo o título de ‘O desafío da detección e intervención precoz nas adiccións con e sen substancia na adolescencia. Xornada de Prevención’, os seus obxectivos pasan por sensibilizar á sociedade deste crecente problema de saúde pública, servir de foro de intercambio e dinamización entre profesionais, formar aos profesionais da prevención e da saúde en xeral (en particular de Atención Primaria) no manexo de instrumentos e habilidades de detección e intervención precoz e fomentar a cultura da prevención, entre outras. Comezará ás 9.30 da mañá, coa presentación a cargo de José Miñones, delegado do Goberno; Amparo Rodríguez Lombardía, presidenta da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria; María Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e representantes da Consellería de Sanidade e da USC. No tocante aos expertos que intervendrán na xornada, destacar, ademais do propio Rial Boubeta, a Francisco Pascual, presidente de Socidrogalcohol (a institución máis representativa en España no ámbito das drogodependencias), e Ignacio Guadix , responsable de Educación de Unicef, que falará do estudo presentado hai uns días e do serio problema de saúde pública e de convivencia que está supoñendo o uso da tecnoloxía por parte dos adolescentes. Tamén haberá una mesa redonda con policías locais, orientadores de institutos, pedriatras e enfermeiras, ou pais de alumnos. salomé barba

01 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
USC
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.