El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia » Xunta de Galicia » Sanidade

CONSELLERÍA DE SANIDADE

Margarita Prado Vaamonde

DIRECTORA DE RECURSOS HUMANOS DO SERGAS

20.12.2012 
A- A+

Naceu en 1968. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1986-1991). Conta co diploma de directivo da Xunta de Galicia e co diploma de xestores de Recursos Humanos do Sergas.

Foi persoal estatutario fixo na categoría do grupo técnico da función administrativa, na modalidade xurídica, e no grupo de xestión da función administrativa.

De 1993 a 1995 traballou na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, na Consellería de Presidencia e Administración Pública, desenvolvendo as funcións de asesoramento xurídico no proceso de reforma normativa da Administración autonómica e de informe sobre as disposicións administrativas de carácter xeral.

En 1997, na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, traballou no Servizo Técnico Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.

Posteriormente, entre 1998 e o ano 2000, foi xefa do Servizo de Persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo.

No ano 2000, e ata 2006, exerceu como técnica na Dirección de Recursos Humanos e, posteriormente, foi nomeada directora de Recursos Humanos e Relacións Laborais no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Desde marzo de 2006 ata a actualidade, exerceu o cargo de xefa do Servizo de Recursos e Reclamacións da Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións, na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas).