El Correo Gallego

Noticia 1 de 3 noticia anterior de Facenda Galicia » Xunta de Galicia » Facenda

CONSELLERÍA DE FACENDA

Ulpiano Villanueva Rodríguez

DIRECTOR DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

17.01.2013 
A- A+

Ulpiano Villanueva Rodríguez (1971), é licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais por ICADE (Universidade Pontificia de Comillas). Pertence desde o ano 2001 á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia, na Especialidade de Intervención e Inspección e Xestión Financeira e Tributaria.

Ademais, ten o Diploma de experto en auditoría e contabilidade pola Universidade de Valencia, o Diploma de directivo e está inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Na súa traxectoria desempeñou, entre outros cargos, o de interventor delegado na Consellería de Pesca, subdirector xeral de Fiscalización e Control Interno, subdirector xeral de Control Orzamentario do Gasto, secretario xeral do Consello de Contas de Galicia e xefe de gabinete da Consellería de Facenda.