El Correo Gallego

Noticia 4 de 7 noticia anterior de Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza Galicia » Xunta de Galicia » Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza

PRESIDENCIA DA XUNTA

Álvaro Pérez López

DIRECTOR XERAL DO GABINETE

13.12.2012 
A- A+

Naceu na Coruña en 1973. É licenciado en Dereito e diplomado en Empresariais pola Universidade Pontificia de Comillas (ICADE), e máster en Dereito Comunitario pola Universidade Libre de Bruxelas.

En 1998 realizou prácticas na oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas. Desde 1999 a 2003 traballou como asesor técnico da Consellería de Medio Ambiente, primeiramente na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e posteriormente no organismo autónomo Augas de Galicia.

Entre 2000 e 2002 foi profesor de Dereito Ambiental na Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela.

Desde 2003 a 2005 traballou como asesor para asuntos parlamentarios no Gabinete do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Colaborador do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, foi elixido deputado autonómico pola provincia da Coruña nas pasadas eleccións ao Parlamento de Galicia.