Jueves 17.10.2019 Actualizado 19:05
Google    

El Correo Gallego

Noticia 7 de 7 noticia anterior de Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza Galicia » Xunta de Galicia » Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

José Manuel Cores Tourís

DELEGADO DA XUNTA DE GALICIA EN PONTEVEDRA

13.12.2012 
A- A+

Naceu na parroquia cambadesa de Oubiña o 1 de novembro de 1958. Está casado e ten dúas fillas.

Membro de Xóvenes Agricultores–Asaja Galicia, en 1985 fundou HORSAL, xunto con outros catorce horticultores da Comarca do Salnés, e desempeñou o cargo de directorxerente durante nove anos.

Foi vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas desde 1992 e tamén foi membro das xuntas directivas da Asociación Española e da Asociación Europea de Cidades do Viño (ACEVIN-RECEVIN) e da Asociación Española de Cidades da Pesca (AECIPE).

Foi vogal do Consello de Administración de Portos de Galicia.

A súa actividade política comezou no ano 1987 ao ser elixido concelleiro da Corporación cambadesa dentro da candidatura do Partido Popular. Desde 1989 ata finais de abril de 1998 desempeñou o cargo de primeiro tenente de alcalde, e desde xuño de 1998 é alcalde de Cambados, cargo que ocupa na actualidade. Presidente da Mancomunidade do Salnés de 1998 ao 2003.

É senador por Pontevedra desde o ano 2000. Foi membro das Comisión de Agricultura e Pesca e da Comisión Mixta para o Estudo do Problema das Drogas. Foi vogal da Comisión de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño e vogal da Comisión de Peticións.