El Correo Gallego

Noticia 6 de 7 noticia anterior de Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza Galicia » Xunta de Galicia » Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Raquel Arias Rodríguez

DELEGADA DA XUNTA DE GALICIA EN LUGO

13.12.2012 
A- A+

Alcaldesa de Sober polo Partido Popular desde 1999 ata 2009, foi deputada provincial entre 1999 e 2003 e entre 2007 e 2008.

Vogal do Comité Executivo do PP de Galicia, vicesecretaria do PP de Lugo, presidenta local do PP de Sober. Coordinadora autonómica en Igualdade e, de 2008 a 2009, deputada nacional por Lugo no Congreso dos Deputados.

Naceu en Proendos-Sober en 1966. Cursou estudos de xornalismo na Universidade Complutense de Madrid, onde escribiu en diversas revistas do mundo dos seguros e impartiu clases de comunicación.

En Galicia traballou durante tres anos como redactora de informativos na Radio Galega en Santiago e, con anterioridade, en Radiocadena Española e Radio Nacional de España.

Na prensa escrita colaborou cos xornais El Progreso e La Voz de Galicia e tamén foi corresponsal de El Mundo-Galicia para a provincia de Ourense desde a súa creación ata maio de 1996. Desde entón e ata 1999 foi responsable do Gabinete de Prensa do concello de Monforte de Lemos.