El Correo Gallego

Noticia 3 de 7 noticia anterior de Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza Galicia » Xunta de Galicia » Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Susana López Abella

SECRETARIA XERAL DA IGUALDADE

20.12.2012 
A- A+

Nacida en Chantada o 14 de maio de 1967, Susana López Abella realizou estudos de Ciencias Empresariais na Facultade de Empresariais de Vigo. Entre os anos 1999 e 2003 foi concelleira de Cultura e Relacións Institucionais e tenente de alcalde no Concello de Chantada.

Foi deputada no Parlamento galego desde a VI Lexislatura e vicesecretaria executiva e voceira de Benestar Social do PPdeG. Nesa lexislatura foi voceira adxunta 3ª do Grupo Popular, presidenta da Comisión da Mocidade, voceira na Comisión de Igualdade e Dereitos da Muller, voceira de Emprego na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e secretaria na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos. Durante a VII Lexislatura, foi voceira de Traballo, Muller e Igualdade do Grupo Popular, vogal nas comisións Institucional, Sanidade, Política Social e Emprego e de Relacións co Consello de Contas. Na VIII Lexislatura foi elixida deputada autonómica pola provincia de Lugo.

En abril de 2009 foi nomeada secretaria xeral de Familia e Benestar, da Consellería de Traballo e Benestar, e en outubro de 2011, secretaria xeral da Igualdade.