Jueves 17.10.2019 Actualizado 19:31
Google    

El Correo Gallego

Noticia 2 de 2 noticia anterior de Presidencia da Xunta Galicia » Xunta de Galicia » Presidencia da Xunta

PRESIDENCIA DA XUNTA

Antonio Rodríguez Miranda

SECRETARIO XERAL DA EMIGRACIÓN

20.12.2012 
A- A+

Nacido o 15 de novembro de 1967 en A Bola, Ourense, Antonio Rodríguez Miranda está casado e é pai dunha filla. É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, especialidade en Seguridade e Hixiene Laboral, e profesor e director de Formación.

Rodríguez Miranda é presidente local do PP de Allariz, concelleiro e voceiro municipal. Foi membro da Xunta Directiva e do Comité de Dirección provincial do PP de Ourense desde 2004 ata 2010 e responsable da área de Relacións Institucionais. Forma parte do Comité Executivo do PPdeG desde o ano 2006, e desde 2009 é membro do Comité de Dirección e vicesecretario-voceiro.

Deputado no Parlamento de Galicia na VII , VIII e IX lexislaturas, Antonio Rodríguez Miranda é voceiro de Presidencia e Administración Pública do Grupo Parlamentario Popular.

Membro de diferentes comisións na Cámara autonómica galega, foi voceiro na Comisión 1ª Institucional de Administración Xeral, Xustiza e Interior na VII e VIII lexislaturas e membro na IX. Dentro do seu traballo no Parlamento, foi ponente de leis como a de Modificación da Función Pública de Galicia, da Lei Omnibus e da Lofaxga de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia.