El Correo Gallego

Noticia 2 de 3 noticia anterior de Traballo e Benestar Galicia » Xunta de Galicia » Traballo e Benestar

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

María Amparo González Méndez

DIRECTORA XERAL DE FAMILIA E INCLUSIÓN

05.12.2012 
A- A+

María Amparo González Méndez é licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre os anos 2003 ao 2005, desempeñou os cargos de directora de Formación e Emprego da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) cargo que compatibilizou co de secretaria xeral da Federación Galega de Asociacións de Instaladores Eléctricos e Telecomunicacións (FEGASINEL); de 2005 a 2009 foi deputada da VII lexislatura do Parlamento de Galicia e no ano 2009 foi nomeada directora xerente da FUNGA.

Desde febreiro de 2012 ocupaba o cargo de directora xeral de Promoción do Emprego.