Jueves 17.10.2019 Actualizado 19:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 3 noticia anterior de Traballo e Benestar Galicia » Xunta de Galicia » Traballo e Benestar

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Odilo Martiñá Rodríguez

DIRECTOR XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

05.12.2012 
A- A+

Naceu o 30 de xullo de 1965 e reside en Santiago de Compostela. Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente realizou os cursos de doutoramento. Posúe o título de técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, realizou un curso superior nesta materia. Ademais, foi relator en diversas xornadas sobre seguridade e saúde laboral, servizos públicos de emprego e intermediación laboral e formación ocupacional.

É funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia, onde entre 1983 e 1986 ocupou o cargo de xefe de servizo de formación ocupacional. A partir de entón foi subdirector xeral de Colocación ata o ano 2002, data en que foi nomeado director xeral de Formación e Colocación. Desde o ano 2005 viña ocupando o cargo de xefe de servizo de seguridade e saúde laboral.

Representa a Comunidade Autónoma galega no grupo de traballo sobre os Sistemas de Información dos Servizos de Emprego, e ten publicado diversos artigos na revista Euro do Centro de Documentación Europea.

Ata o de agora viña desempeñando o cargo de director xeral de Relacións Laborais.