El Correo Gallego

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

comic

As aventuras de SuperLópez, por primeira vez en lingua galega

A editora de Oleiros Cerditos de Guinea firmou xa un acordo con Ediciones B para a súa publicación

AGN • SANTIAGO   | 16.02.2010 
A- A+

Imaxe da persoaxe de SuperLópez, que poderá lerse en galego

SuperLópez, a parodia de Superman que naceu do lápis do debuxante Juan López, Jan, alá polo 1973, poderá lerse en galego. A editora de Oleiros Cerditos de Guinea Cómics anunciou na súa páxina web o acordo ao que vén de chegar con Ediciones B para a publicación nesta lingua das aventuras do entrañable personaxe, que veu ao mundo sendo xa unha das mellores parodias dos míticos superheroes do cómic americano.

Superlópez e unha personaxe de fición, protagonista de unha serie de historietas do mesmo nome. Dende a súa primeira aparición en 1973, o dibuxante español Juan López (Jan) ocupouse da súa creación. Superlópez nace como parodia de Superman para un libro con chistes mudos encargado pola editorial Euredit parodiando ao fillo de Krypton. As marxes nas que debía moverse o autor eran moi estreitas: 48 páxinas en formato apaisado, impresas en branco e negro e composta a partir de historietas moi curtas e mudas. SuperLópez fala sen dicir nada, grazas aos atallos que toma Jan, que vota man dos signos cinéticos ou dos bocados de pensamento para dotar de grande expresividade ao seu debuxo.

Anos despois será a editorial Bruguera --no 1987 e tras a quebra desta asumirá os dereitos do debuxo Ediciones B-- a que lle pida ao artista que retome as aventuras do superheroe, aínda que con modificacións que veñen dadas polas imposicións editoriais: historias dunha páxina, argumentos curtos e sobre temas que non molestasen, e que non faltasen as viñetas. Nos tres primeiros títulos SuperLópez enfróntase con monstros e extraterrestres, ata que Jan opta por darlle un xiro á personaxe e a coloca como protagonista de tebeos coma El señor de los chupetes ou La caja de Pandora.

Precisamente este último álbum será o elixido para lanzar a edición en galego, e contará cunha portada especial que deseñará Jan. Nas súas viñetas, SuperLópez percorre o mundo e parte do sistema solar en busca da verdadeira Caixa de Pandora para abrila... ou para deixala pechada? Os deuses mostran as debilidades humanas e fannos chegar unha mensaxe tan realista coma pesimista: nós somos os únicos culpables dos males do mundo.

A editorial

Unha historia que ven dende 2002

·· A partir dun fanzine chamado Cerditos de Guinea, que comenzou a xestarse en 2002, veu a editora Cerditos de Guinea Comics que agora dea adiante en Oleiros, intentando ofrecer banda deseñada en galego ao mellor nivel tanto en nos seus contidos en contínua renovacuión como na edición .