Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
entrevista

O director Wargnier e o actor José García chegan a Galicia da man do CAG

Ambos os franceses manterán mañá un almorzo de traballo con xente de SempreCinema

    O Consorcio Audiovisual de Galicia trae o director francés Règis Wargnier e o actor francés de orixe galega José García. Ambos visitarán Galicia mañá onde terán un almorzo de traballo con representantes da sociedade SempreCinema, así como un encontro con membros do sector audiovisual galego.

    A visita de Règis Wargnier e ao actor José García encádrase na estratexia do CAG de promoción das posibilidades do país como plató natural, ao tempo que se pretende atraer coproducións internacionais para contribuír ao desenvolvemento da industria.

    José García é unha das estrelas do cine francés. Fillo de nai ourensá e pai lugués, establecido en Francia, José Doval García nace en París en 1966. O seu primeiro gran papel chégalle en 1995 da man de Jean Becker, en Elisa.

    Règis Wargnier é, na actualidade, un dos directores máis prestixiosos do cine francés. Despois dos seus estudos en letras clásicas, renuncia a formar parte do IDHEC (FEMIS) e prefire as rodaxes para formarse no oficio de director.

    10 jun 2008 / 02:04
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito