El Correo Gallego

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

sonia castelo

"Falan de cousas raras na rodaxe"

A actriz galega é a protagonista da serie de intriga de Cuatro 'Hay alguien ahí', que remata a súa primeira temporada // Non é supersticiosa pero si respectuosa co mundo paranormal // O último capítulo rematará dun xeito "sorprendente" // Os novos episodios, en setembro

REDACCIÓN • SANTIAGO   | 24.05.2009 
A- A+

A actriz ferrolá Sonia Castelo, protagonista da serie ‘Hay alguien ahí’que

O papel de Berta en Mareas vivas abriulle todas as portas e aínda hoxe moitos a recordan ca súa bata branca. Agora interpreta unha nai de familia nunha das series de televisión con máis éxito dos últimos tempos. Sonia Castelo (Ferrol, 1968) é unha das protagonistas de Hay alguien ahí, a produción de terror que cada luns atrapa no sofá a milleiros de españois. A primeira temporada remata o oito de xuño, pero o equipo non descansa e segue a traballar nunha rodaxe que eles mesmos din que pasan cousas raras. Cuatro comezará a emitir novos episodios en setembro.

- ¿Clara Simón é medrosa?

- Eu penso que é unha persoa que se enfronta a calquera cousa que lle pase. O que sucede en Hay alguien ahí é moi grande para calquera. É algo que está fóra do noso alcance porque pertence a outra dimensión. A salvidade é que hai persoas que nunca loitarían contra algo así e Clara é das que quere saber con quen ou con que se está enfrontando para salvar o que lle toque. Precisamente o que máis dor lle causa é non saber?

- ¿E Sonia Castelo é medrosa?

- Si. Clara é moito máis valente. A min ese mundo sempre me deu moito respecto porque non o coñezo, porque non sei que anda por aí? Prefiro non falar diso para non ter que afondar.

- ¿A que teme Clara?

- Ó sufrimento da súa familia. Teme non saber como atacar, como defenderse, como parar o que lles pasa, como solucionalo? En definitiva, non ter armas. Pero en canto as vaia conseguindo todo vai ser máis doado. Neste sentido, somos parecidas

- ¿Volveuse máis supersticiosa?

- Non. Non son unha persoa supersticiosa, pero si que teño respecto por ese mundo, por algo que non coñezo, que non sei se se cousifica ou se personaliza.

- ¿É certo que pasan cousas estrañas na rodaxe?

- O vixiante do decorado no que rodamos (a casa familiar) xura que polas noites a porta do garaxe abre soa. É raro. Tamén hai varios accidentados. Hai uns días eu levei por diante a vía do travelling e teño un pé fastidiado. Nunha secuencia lesionei as cervicais. Unha compañeira caeu e ten unha ferida nun ollo, outro abriu un pé? ¿Noutra serie non pasaría? Levamos rodando desde novembro a ritmo de once horas diarias e o cansazo nótase. Se fora unha comedia non o achacariamos a isto.

- Cónteme algo desa misteriosa casa de Hay alguien ahí

- É moi bonita, pero parece ser que quen viviu aí antes ca nós sufriu moito. Especialmente na forma de morrer. Cando un marcha antes de tempo e de mala maneira, algo queda no aire. Toda esa enerxía que acumulamos como persoas non desaparece cando o corazón deixa de latexar. Nalgún lugar debe quedar, non sei en que forma? Na casa sucede algo así, dunha maneira moito máis física porque hai pantasmas.

 

Os actores galegos

"A TVG xogou un papel fundamental"

- Supoño que será un segreso ben gardado pero adiánteme algo do último capítulo ...

- Sorprendente, inimaxinable, redondo, tenro... Pecha moi ben. Ó mellor algún dos seguidores enfádase porque vai quedar con moitas ganas de ver o capítulo 14.

- Entón haberá que esperar á segunda temporada para descifrar o enigma...

- Pouco a pouco vaise avanzando cara a ese final. Para saber quen é Iván, que fixo, como axudar a Elisa e a Raúl, como nos podemos desembarazar dese lastre tan gordo, desa angustia que non nos permite vivir na nosa propia casa... Todas esas incógnitas irán disipándose.

- Os actores galegos arrasan nas producións nacionais... ¿Casualidade?

- Non. Hai moitos actores moi bos, como guionistas ou cámaras. A TVG xogou un papel fundamental. É un escaparate para que todas as produtoras coñezan o material humano que hai en Galicia. Se non fixeramos cousas na TVG o camiño sería moito máis difícil .