Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
eNTREVISTA

Ruxe Ruxe leva a Radio Obradoiro o seu novo paso: 'A fura de adiante'

A banda falou do seu novo traballo discográfico cheo de "enerxía para o directo" que presentarán hoxe nunha actuación na Sala Capitol de Santiago

Catorce anos de escenario son un aval máis que suficiente aínda que catro meses sen un directo, fan que a banda compostelana Ruxe Ruxe teña ese formiguillo ante a cita de hoxe na sala Capitol (21.00 horas) para a presentación do seu último disco A fura de diante. Tres dos membros da banda estiveron en El Chispazo nos estudos de Radio Obradoiro falando con tándolle a Sandra Romero deste o seu último traballo ¿A definición? "é un disco moi vivo con moitísima enerxía. Intentamos plasmar o que sentimos en directo". Normalmente os discos nunca dan fe do que os grupos poden dar no escenario. Un paso adiante sobre os anteriores.

Ruxe Ruxe ten claro que non pertence a ningún estilo concreto aínda que si son dese tipo de bandas do século XXI que cando está enriba do escenario fai disfrutar pero disfruta ela mesma e síntense arropada pola xente "unha familia que crece cada vez máis e comparte sempre con nos a enerxía positiva. O mellor e que cada vez a idade do grupo sube e que cada vez a idade daqueles que nos ven baixa máis".

Vituco Neira, vocal e guitarrista do grupo destacou que este último traballo, producido por Javier Abreu, viaxou a L.A en Estados Unidos onde foi masterizado por Tom Baker, que traballa para grandes como Marilyn Manson, Madonna o Paulina Rubio "o traballo gustoulle, nos nos pediu datas. E así foi".

06 mar 2010 / 04:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito