El Correo Gallego

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

memoria

Un libro compila as derradeiras cartas de 57 republicanos galegos

O profesor Xesús Alonso Montero reuniu 120 textos escritos por represaliados tras recibiren oficialmente o anuncio da súa condena a morte // O volume, editado por Xerais, preséntase hoxe ás 20 horas na Libraría Couceiro

M. DOPICO • SANTIAGO   | 08.07.2009 
A- A+

"A ti especialmente, Emilia, que eres la mayor, que ya te vas dando cuenta de la vida, sabes por que me matan todos estos canallas que se llaman representantes de la justicia. Pues te diré que me matan por ser bueno, por querer que vosotros no padezcáis hambre y no andéis descalzos; en una palabra, por defender un gobierno que estaba constituido. Y yo, que no maté a nadie, que respetó a todo el mundo, me condenan a la pena de Muerte por los testigos que se han prestado a declarar en contra de mí falsamente. No te digo quién son esos señores porque creo que lo sabes. Y por esos canallas os dejo en la más espantosa miseria" (...). Manuel Estévez, albanel socialista, de Tui, despediuse, con palabras coma estas da súa familia nunha carta no 1937, pouco antes de ser asasinado polos sublevados contra o goberno da República.

Xesús Alonso Montero reuniu, nun libro, 120 textos coma este, escritos por 57 represaliados -socialistas, comunistas, anarquistas, galeguistas, agraristas, militantes do POUM, de Izquierda Republicana, de Unión Republicana, ou simplemente persoas leais á legalidade republicana, algunhas de sincera filiación católica- tras recibir oficialmente o anuncio da súa condena da morte. Cento vinte testemuños do sufrimento, as atroces torturas, a indignación ante a inxustiza, a preocupación polos que quedaban, e a enorme dignidade das vítimas da represión. Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) é o título do libro -editado por Xerais e que hoxe se presenta ás 20 horas na Libraría Couceiro de Santiago-, que contén, entre outros documentos, a misiva de despedida de Alexandre Bóveda; as cartas do xornalista Vítor Casas e o epistolario de José Gómez Gayoso, secretario xeral do PC, e Antonio Seoane, xefe do Exército Guerrilleiro de Galicia.

Distintos estratos e niveis de instrución

·· "A obra -lembra Alonso Montero no limiar- recolle, sobre todo, cartas, e tamén algún escrito de carácter testamentario. Son textos -a gran maioría en castelán- asinados por persoas de distintos estratos sociais -poucas das clases altas- e niveis de instrución; todos homes, agás unha muller; algúns militantes e outros dirixentes dos partidos e sindicatos da esquerda" .