El Correo Gallego

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

TVG

'Zigzag diario', novo espazo cultural na G2

Por primeira vez na súa historia a nosa canle ofrece un programa informativo desta temática

REDACCIÓN • SANTIAGO   | 14.01.2010 
A- A+

Televisión de Galicia estreará o luns, día 18, na súa segunda canle (G2) o informativo cultural Zigzag diario, unha aposta sen precedentes da canle autonómica que lles achegará aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Nos seus 25 anos de historia, é a primeira vez que a TVG ofrece un informativo diario cultural, o que supón un reto importante para os profesionais da Galega.

Este esforzo para recoller toda a actualidade cultural tomará forma nun espazo de media hora que se emitirá de luns a venres ás 20.00h, na faixa de acceso ao prime time, e que se redifundirá pola primeira canle despois do Telexornal Noite, o que conforma un completo bloque informativo.

Zigzag diario aspira a converterse no gran programa de referencia da cultura galega e nel terán acollida todas as propostas dos nosos creadores.