Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

73x73x273. A irmá do sono

Un diálogo de 27 artistas contemporáneos coa morte

73x73x273 son as medidas estándar dun nicho de enterramento e é tamén o título da exposición que este xoves, 2 de febreiro, se inaugura ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade en Santiago, e que logo viaxará á Capela de Santa María de Lugo.

O lema da mostra leva engadido ‘A irmá do sono’, a morte, por iso o emprazamento non podía ser máis apropiado para dar acubillo á obra de vinte e sete artistas que abordan de maneira directa ou tanxencial un feito que dá motivo á reflexión a medida que transcorre o tempo.

A exposición presentarase nun encontro cos medios de comunicación este xoves 2 ás 11.30 horas na Igrexa. Participarán o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; as comisarias da mostra, Cristina Carballeda e Fátima Otero; e algún dos artistas.

Antón Lamazares, Paco Pestana, Eduardo Valiña, Pamen Pereira, Ana Soler, Paulo Neves, Ignacio Pardo, Xurxo Oro Claro, Xaquín Chaves, Álvaro de la Vega, Fernando Páez, Xurxo Lobato, Christian Villamide, Roberto González, David Trullo, Mónica Alonso, Ramón Conde, Manuel Sendón, Fran Herbello, Victoria Diehl, Andrea Costas, Teo Soriano, Xulio Gil, Antonio Blanco, Montse Rego, Ruth Massó e Fernando Yánez conversan nas igrexas, hoxe en Compostela, a mediados de marzo en Lugo, coa irmá do sono.

01 feb 2012 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito