Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Real Academia Galega

A Academia e o Consello da Cultura levan á rede os 100 anos das Irmandades

Inaugúranse senllos espazos web nos que compartir información sobre o centenario da agrupación que foi xermolo do nacionalismo

    A Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega inauguraron onte senllos espazos web nos que deitarán documentos de texto e documentos gráficos arredor do centenario das Irmandades da Fala. A data escollida coincide coa publicación do opúsculo Nacionalismo gallego. Nuestra "afirmación" regional, de Antón Villar Ponte, que saiu do prelo tal día coma o de onte, 21 de marzo de 1916, na Coruña. Nese folleto Villar Ponte defendía a utilización do idioma de Galicia en todos contextos e indicaba que urxía fomentar o desenvolvemento da Liga de Amigos del Idioma. Escrito en castelán "por razóns de propaganda" a obra pódese descargar en pdf na páxina web da Real Academia Galega, nun espazo no que se irán compartindo os fondos relacionados coas Irmandades da Fala, xermolo do pensamento e da acción nacionalista en Galicia, depositados na sede da rúa Tabernas.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    21 mar 2016 / 22:46
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito