Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
dotado con 4.500 euros

Acta do xurado do XX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

Premiouse o traballo presentado baixo o título Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega // A persoa gañadora resoltou ser Rafael Quintía Pereira con domicilio en Pontevedra

    Reunido o xurado, composto por Fernando Acuña Castroviejo en representación do Concello de Castro Caldelas, Antonio Blanco Rodríguez e mais Xosé María Eguileta Franco en representación da Fundación Vicente Risco, Humberto Miguel dos Santos Martins e mais Timothy Leonard Koehnen en representación da CETRAD da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e Francisco Fernández Rei en representación da Fundación Sotelo Blanco, que á vez actuou como secretario e Teresa Devesa Graña representante do Concello de Allaríz que delega a súa función en Antonio Blanco Rodríguez, acordou por unanimidade:

    1.-Valorar o incremento de orixinais presentados tanto de procedencia galega como portuguesa, e a súa calidade científica e ensaística.

    2.-Conceder o XX PREMIO “VICENTE RISCO” DE CIENCIAS SOCIAIS ó traballo presentado baixo o título Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega. Aberto o sobre correspondente, a persoa gañadora resoltou ser Rafael Quintía Pereira con domicilio en Pontevedra.

    Trátase dun rigoroso ensaio sobre o valor simbólico da Moura como herdeira das deidades femininas arcaicas, con posibilidade de retrotraelas a tempos prehistóricos, mesmo ó neolítico. Ten o valor especial de desligalo do concepto amplo “mouros” para chegar á cerna arcaica das deusas da terra e a súa transformación despois da cristianización, en diversas manifestacións da Virxe, que se apropia das cualidades positivas da moura, permanecendo as negativas para as bruxas o as mouras pagás. Alicérzase nun traballo de campo que achega abundante simplificación descritiva que se sustenta nunha dimensión comparativa coas mitoloxías universais.

    Este premio está dotado con 4.500 euros e a obra gañadora publicaraa SOTELO BLANCO EDICIÓNS.

    11 ene 2016 / 18:29
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito