Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acto de protesta en Santiago polos 'recortes' na materia de Filosofía no ensino secundario

A Sociedade Galega de Filosofía, a Aula Castelao e o Grupo Doxa emiten un comunicado conxunto no que critican o texto da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE)

Medio centenar de persoas concentráronse na Praza do Toural de Santiago para protestar polos recortes en Filosofía no ensino secundario.

A Sociedade Galega de Filosofía, a Aula Castelao e o Grupo Doxa emitiron un comunicado conxunto de apoio ao acto que se celebrou hoxe en Santiago para protestar polas medidas previstas na Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) no que atinxe á Filosofía no ensino secundario.

A protesta tivo lugar entre as 11:00 a 13:00 horas na praza do Toural, e consistiu na lectura de textos de filosofía por grupos conducentes a diálogo e debate abertos, relacionados con algunha noticia e/ou cuestión de actualidade. Repartiranse follas co lema "quen teme á filsofía?" e cun texto que pode ser o resumo do comunicado do 15 de febreiro.

De seguido reprodúcese o comunicado:

"Estimados compañeiros:

A Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI), a Aula Castelao e o Grupo Doxa desexan comunicar que

No terceiro borrador do Anteproxecto da LOMCE publicado o pasado 14 febreiro de 2013:

Desaparece a materia actualmente denominada Educación Ético-Cívica, que ata agora ben sendo cursada por todo el alumnado no 4º curso da Educación Secundaria Obligatoria (ESO), e no seu recupérase unha materia alternativa a Relixión denominada Valores Éticos

No 4º curso da ESO figura, nun listado de dez materias “específicas” , entre as que o alumnado deberá escoller entre unha e tres, a Filosofía. A súa oferta dependerá das CCAA e dos centros docentes.

No 1º curso do Bacharalato, mantense a Filosofía como a única materia filosófica que o Anteproxecto da LOMCE contempla entre as obrigatorias.

A Historia da Filosofía, cursada actualmente no 2º de Bachillerato polo alumnado de todas as modalidades, pasa a ser unha optativa máis entre dezaseis, das que o alumnado deberá cursar entre dúas e tres. A súa oferta dependerá, como no caso da Filosofía do 4º curso da ESO, das CCAA e de cada centro docente)

O único cambio que se aprecia con respecto ao anterior borrador do Anteproyecto da LOMCE, e a súa inclusión entre as optativas de modalidade (Troncais opcionais) nos Bacharalatos de Humanidades e Ciencias Sociales, entre outras cinco materias das que o alumnado deberá cursar alomenos dúas. Como nos casos anteriores, a súa oferta dependerá de cada Comunidade Autónoma e de cada Centro.

Como se explica no escrito enviado pola Rede Española de Filosofía (REF) ao Consello Escolar de Estado “A supresión da obrigatoriedade de ambas materias (A Ética do 4º curso da ESO e a Historia da Filosofía do 2º curso do Bacharalato) carece de xustificación pedagóxica, non supón unha mellora senón unha merma da calidade do noso sistema educativo, e contradí claramente o que o propio Anteproxecto da LOMCE proclama dende o primeiro párrafo do seu preámbulo: “A aprendizaxe na escola debe ir dirixido a formar persoas autónomas, críticas, con pensamento propio”. Pois ben, ese é precisamente o tipo de aprendizaxe do que se ocupan, de forma específica e metódica, as dúas materias obrigatorias que a propia LOMCE suprime.”

Pola súa parte, a Conferencia Española de Decanatos de Filosofía, no comunicado de 14 de diciembre de 2012, considera que “a supresión por parte da LOMCE de dúas das tres materias filosóficas actualmente existentes na educación secundaria, é unha medida inxustificada pedagóxicamente, e que ademáis pode asestar un duro golpe ao exercicio da profesión filosófica en España”

Ante esta grave situación, a Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI), a Aula Castelao e o Grupo Doxa secundan –como veñen facendo ata o de agora- as accións propostas pola REF na defensa da Filosofía. Por esta razón convócanvos a apoiar o acto organizado con esta finalidade pola Facultade de Filosofía da USC, para o próximo sábado 16 de marzo, en Santiago de Compostela: LECTURA PÚBLICA DE TEXTOS FILOSÓFICOS, convocado simultáneamente en todo o Estado."

05 abr 2013 / 20:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito