Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 16 mayo 2022
19:59
h

A AELG distingue a José Luis Sampedro como Escritor Galego Universal

A Asociación lembra o seu "compromiso ético" e a "alta calidade da súa obra"

    Santiago. O escritor José Luis Sampedro será distinguido no próximo mes de maio como Escritor Galego Universal pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, que recoñecerá o "compromiso ético" do autor como "referente na defensa da dignidade humana e das culturas nacionais".

    Nun comunicado, a asociación explicou que, con esta mención, "destaca a alta calidade da obra literaria" do galardoado que, como indicou, é "lúcido, profunda, radical e transgresora" e está "impregnada do insubornable compromiso ético do escritor". Segundo sinalou a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, a "relación" de José Luis Sampedro con Galicia comezou nos anos 70, a través da Agrupación Cultural Lóstrego de Madrid, da que o galardoado foi presidente de honra e coa que colaborou economicamente c­unha mensualidade do seu soldo de Senador por designación real nas primeiras cortes democráticas.

    Así mesmo, como engadiu, esta "relación" continuou a través da Facultade de Ciencias Económicas da USC nos 80. A súa novela Real Sitio e evoca tamén unha visita a terras de Betanzos e Ortigueira nos anos noventa.

    20 ene 2012 / 21:54
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito