Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A AELG nomea Escritor Galego Universal o vasco Bernardo Atxaga

Valorou o compromiso ético coas causas da dignidade do pobo, en concreto o euskera

    Santiago. O consello directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) resolveu nomear Escritor Galego Universal o autor vasco Bernardo Atxaga.

    Este recoñecemento susténtase "en sólidos argumentos", informa a AELG nun comunicado.

    Desta forma, de Atxaga destaca a ALEG "o seu compromiso ético coas causas da dignidade e en concreto do pobo vasco, e por ser creador dunha extensa e intensa obra en que o éuscaro é ferramenta de expresión da cultura de Euskal Herría e ocupa un lugar de centralidade".

    Con este nomeamento, Bernardo Atxaga súmase á lista de Escritores Galegos Universais conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro e Lidia Jorge.

    Licenciado en Ciencias Económicas e en Filosofía e Letras, Bernardo Atxaga é membro de pleno dereito da Real Academia da Lingua Vasca desde 2006, e en novembro de 2010 tamén foi nomeado membro da Academia das Ciencias, das Artes e das Letras.

    A súa obra abarca conto, novela, poesía e ensaio, e foi escrita e publicada integramente en éuscaro e traducida a outras moitas linguas.

    02 dic 2013 / 21:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito