Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

AG, a Revista do Audiovisual Galego, xa ten versión web

A nova publicación dixital sobre o mundo da imaxe en Galicia ábrese ás redes sociais e pon en liña o seu arquivo de tres anos

A Revista do Audiovisual Galego, unha das publicacións de referencia na análise da actualidade audiovisual galega, acaba de cumprir tres anos da súa saída ao mercado, en xuño de 2007. Agora, como unha aposta para ampliar os horizontes e lectores da publicación, AG, dirixida por Miguel Anxo Fernández. vólvese publicación dixital no enderezo electrónico www.revistaag.com, “aberta ao mundo e a todos aqueles que teñan algo que achegar, sexa desde o propio sector ou desde fóra”, sinalan os responsábeis da edición. Unha revista participativa na que, ademais dunha sección específica para lectores A túa AG, poderase seguir e comentar toda a actualidade do cine e do audiovisual galegos a través das redes sociais.

AG, a Revista do Audiovisual Galego, xa ten versión web A nova publicación dixital sobre o mundo da imaxe en Galicia ábrese ás redes sociais e pon en liña o seu arquivo de tres anos A nova publicación electrónica, con varias actualizacións diarias, ofrece toda a información relacionada co cine e o audiovisual galegos ao instante. A sección de Axenda permite estar ao día das principais actividades relacionadas co sector en toda a comunidade autónoma. A isto únese outro apartado de Convocatorias, onde, de forma fácil e clara, poderase acceder á información sobre axudas, cursos, talleres, subvencións, etc. Os cinéfilos poderán gozar coa sección de Carteis de cine na que se ofrece unha ampla selección de pósteres de películas galegas con posibilidade de descarga. Cada un deles vai acompañado de información sobre a película, o director, os actores...

Na páxina web pódese atopar material destacado destes anos de AG, como as entrevistas aos directores, actores, produtores e guionistas máis destacados do país, as últimas estreas galegas, festivais, galas, etc... Tamén a través dos portais Twitter e Facebook se pode seguir a actualidade, acceder aos álbums de fotos máis destacados da historia de AG ou pórse en contacto coa revista e comentar as noticias do día.

25 jun 2010 / 13:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito